ENAPA: Robótica e Club de Ciencia

Este martes tivo lugar a Escola de Nais e Pais (ENAPA) sobre os programas "Introdución á Robótica na Educación Primaria" e "Club de Ciencia" que se están a levar a cabo no noso centro dentro da estratexia EduDixital 2020.

 

Na parte de robótica, comentáronse os proxectos que se están a levar cabo dende Infantil ata Primaria. Interviron membros de Vermislab, que nos lembraron a importancia de desenvolver o traballo en equipo e de introducir ao alumnado no pensamento computacional. Tamén houbo tempo de experimentar con mBots.

Con respecto ao Club de Ciencia, repasáronse os experimentos levados a cabo ata o de agora, cunha demostración final do lanzamento de dous foguetes no patio do centro.