Complementarias e Extraescolares

Acto de colocación de placas

O xoves, 25 de marzo, unha representación do noso alumnado acompañados por un profesor e a directora, asistiron ao acto de colocación de dúas placas en lembranza do paso por Sigüeiro de dous peregrinos históricos, como foron Cosme de Médici e o Emperador Carlos V ou I de España. Dende a 1ª edición do concurso "Escribe unha carta...", no que  cada ano se homenaxea a un personaxe histórico que pasou pola nosa vila en peregrinación, estamos a participar para poñer o noso graíño de area na promoción do Camiño Inglés. Gracias ao concello por esta iniciativa e por contar con nós.

 

Pedro Brandariz "Héroes e Heroas"

O alumnado de Infantil e 2º de Primaria, rematou este segundo trimestre cun conto interpretado polo gran Pedro Brandariz. Con "Héroes e Heroas" aprendemos que nenos e nenas podemos ser igual de valentes ou igual de sensibles. Gracias ao concello de Oroso por achegarnos este conto.

 

SABER O MAR

Hoxe, disfrutamos dun obradoiro que nos transportou ao MAR. Dende a Sala do Mar do Museo do Pobo Galego, chéganos ao centro un educador cunha maleta chea de elementos mariñeiros. E non só iso, ademais puidemos conectarnos en directo coa mesma Sala do Mar do Museo. Foi moi divertido!

      

Día Internacional da Muller

Para conmemorar o Día Internacional da Muller, no CEIP Plurilingüe de Sigüeiro traballamos a figura da enfermeira galega Isabel Zendal.

Realizamos este vídeo como agasallo ás nosas pediatras Sacramento e María Xosé, polo seu labor de escoita, atención e sobre todo de coidado.

Nel contamos o que é para nós unha pediatra.

 

DÍA DE ROSALÍA

A nosa homenaxe a Rosalía de Castro no seu día, 24 de febreiro de 2021.

SOMOS SAUDABLES!

Rematou a semana dos mandados, na que fixemos todo o q nos ordenou Mecosán.

          

Hoxe cumprimos o último mandado. Os nenos e nenas do CEIP de Sigüeiro somos os alimentos que configuran unha piramide alimenticia moi saudable: cereais, pan, froitas, verduras, peixes, doces... Que fartura!

Álbum: Curso 2020 - 2021 -> Entroido 2021

Contos choqueiros para celebrar o Entroido

Ao longo destes dous últimos días da semana, achegámonos aos Entroidos tradicionais galegos da man de Manuela Varela (Dinamo Producións) e os seus "Contos Choqueiros".

Antela, a protagonista dun dos contos, tiña medo dos peliqueiros de Laza; ata que descubriu que quen se agochaba detrás do fermoso traxe era a súa nai.

    

Álbum: Curso 2020 - 2021 -> Contos choqueiros

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

Hoxe, con motivo da celebración do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, os nenos e nenas de 6º

participaron na Xornada Divulgativa “As ciencias escríbense en feminino”,emitida por streaming e 

organizada polo Concello de Santiago, a través do CEXTEC e Talentia Summit.

Quince mulleres relevantes nas disciplinas STEMcompartiron con nós as súas experiencias 

traxectoriase os motivos que as levaron a formarse académica e profesionalmente nas ciencias. 

No evento tamén participaban Vermislab e Ciencia Divertida que nos agasallaron con divertidos experimentos.

Día Escolar da non Violencia e da Paz

Con motivo da conmemoración do Día Escolar da non Violencia e da Paz, dende o centro creamos o noso propio barco con alimentos saudables para reflectir a importancia do traballo en equipo e de "remar xuntos" durante este curso no que non podemos estar tan xuntos como nos gustaría.

Esperamos que vos guste!

Un Nadal especial

Neste particular curso marcado pola Covid-19, non podiamos rematar o trimestre sen resaltar o excelente comportamento de todo o alumnado no cumprimento das medidas de seguridade establecidas no protocolo. Por iso, malia que non era posible festexar o Nadal como o viñamos facendo nos cursos pasados, si tivemos algunha sorpresiña para todo o alumnado, que ben merecido o tiña antes das vacacións de Nadal.

Agradecemos á ANPA "A Nosa Escola" a súa colaboración nestas actividades.

- Concurso de Postais de Nadal.

  

- Concerto en streaming A Fraga do meu avó (Mamá Cabra)

  

- Visita de Melgasar, o carteiro real.

  

 

- Videoconferencia "Christmas traditions in Europe" (eTwinning)

  

- Debulendo lendas galegas "Contos nunha roda" (Tarabelos)

  

Álbum: Curso 2020 - 2021 -> Nadal 2020