Complementarias e Extraescolares

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

O 8 de marzo é o Día Internacional da Muller declarado polas Nacións Unidas en 1975. Esta data conmemórase en moitos países do mundo. As mulleres dos diferentes continentes, separadas por fronteiras nacionais e diferencias étnicas, lingüísticas, culturais, económicas e políticas, únense neste día na loita en pro da igualdade, a xustiza e a participación en todos os ámbitos da sociedade.

No noso colexio quixemos lembrar ás mulleres que cada un de nós eliximos como GUÍA NO NOSO CAMIÑO CARA SANTIAGO E ACOMPAÑANTE NA TRAXECTORIA DA NOSA VIDA.

  

  

ENTROIDO 2022

Este venres, 25 de febreiro do 2022, celebramos o Entroido no CEIPP de Sigüeiro.

Os nenos e as nenas do centro disfrazáronse dunha gran variedade de personaxes e realizaron varias actividades e xogos para desfrutar deste día tan especial.

Tamén houbo doces típicos destas datas!

Aquí tedes un álbum con imaxes da celebración. BO ENTROIDO!

Álbum: Curso 2021 - 2022 -> Entroido 2022

MANDADOS DO MECO

PARA A SEMANA COMEZA O ENTROIDO. PRESTADE ATENCIÓN AOS MANDADOS PARA SABER O QUE TEDES QUE TRAER CADA DÍA. COMO

XA SABEDES O ESTE ANO O TEMA DA BIBLIOTECA É O "CAMIÑO DE SANTIAGO" POR ESO O NOSO MECO É UN PEREGRINO.

                                                   

Día Escolar da non Violencia e da Paz

Co motivo da conmemoración do Día Escolar da non Violencia e da Paz, que se celebra o 30 de xaneiro, as nenas e nenos de cada curso encheron con palabras conciliadoras as mochilas dos peregrinos que estaban colgadas nos corredores do noso colexio. Velaí unha pequena demostración!

                                                                                                       

 

O MAGOSTO

Este venres 5 de novembro celebramos no cole a festa do magosto. A verdade e que xa tiñamos moitas ganas. 

A xornada comezou coa degustación de castañas asadas que nos preparou o castañeiro Bieito. Os primeiros en probalas foron o alumnado de infantil e máis tarde pasaron por orde o resto dos cursos de primaria.

 

 

 

Ás 13:15 horas tivo lugar a entrega de premios do concurso de Samaín. O alumnado premiado  polas mellores cabazas e composicións de cada ciclo, foi agasallado cun conto. Aproveitando a ocasión o alumnado de 6º de primaria foi galardoado co selo de Calidade Europeo polo  Proxecto eTwinning "Web2English" que levaron a cabo o curso pasado.

 

 

 

 


Álbum: Curso 2021 - 2022 -> Magosto

ROTEIRO POLO CAMIÑO INGLÉS

O pasado venres, 17 de setembro, o alumnado e profesorado de 5º e 6º percorremos o tramo do Camiño Inglés, dende Carrás (Ordes) a Sigüeiro (Oroso).

Comezamos o roteiro con moita ilusión aínda que o tempo non nos acompañou.

Nos carteis puidemos ver os lugares por onde transcorreo o camiño.

Pasamos pola Fonte da Santiña

E aproveitamos o roteiro para mellorar a nosa contorna recollendo lixo (plásticos, latas, …)

Que como podedes comprobar non foron poucos.

Así non só gozamos da natureza, tamén a coidamos.

 

CAMPIÓNS DE TENIS DE MESA

O pasado 6 de xuño celebrouse o Campeonato Galego de Tenis de Mesa e tres alumnos/as do noso centro resultaron clasificados na categoría prebenxamín: Sasha Malov (3ºA) obteu o 1º posto, Rui Pérez (3ºB) o 3º lugar (3ºB) e Iago Viqueira (3ºB) en 5ª posición. Parabéns aos tres!

Pero a cousa non queda aí. O 27 de xuño celebrouse en Antequera o Campeonato de España e o 3 e 4 de xullo a Reactif Internacional Youth Open Uljap Roncq en Francia. E sabedes quen logrou a medalla de ouro en ámbalas dúas competicións? Pois o noso alumno Sasha Malov a quen felicitamos novamente dende o centro. Parabéns campión!


 

REMATA O CURSO

Hoxe, día 22 de xuño de 2021, é o último día do curso. Un curso especial marcado polas restricións, no que todo o alumnado tivo un comportamento exemplar adaptándose á nova situación que tiveron que vivir. Parabéns polo ben que cumpristes as normas! E agora a disfrutar das merecidas vacacións!

E para celebrar o fin de curso continuamos coa diversión, agradecéndolle á ANPA e ao concello de Oroso a súa colaboración. Depois da festa de onte para Infantil e 1º e 2º, no día de hoxe tocoulle ao resto dos niveis. O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º disfrutaron do teatro científico con Ciencia Divertida e do espectáculo de Jorge de Jaujarana. E por último os nenos e nenas de 4º A asombráronnos cun fantástico e inesperado baile. Día perfecto!!!

  

  

 

Álbum: Curso 2020 - 2021 -> Despedida 6º