Complementarias e Extraescolares

Día Internacional contra a Violencia de Xénero

No CEIP Plurilingüe de Sigüeiro tamén conmemoramos o Día Internacional contra a Violencia de Xénero decorando unha árbore entre todos os grupos do centro. Podedes vela na entrada do cole!

      

Dramas e Comedias

Durante o día de hoxe, luns 25 de novembro, no colexio conmemoramos o Día Internacional contra a Violencia de Xénero asistindo á biblioteca para desfrutar dun vídeo onde participaron todos os alumnos e todas as alumnas do centro.

A canción escollida foi "Dramas e Comedias", do grupo Fangoria.

Aquí o tedes!

Cetrería

Este venres, día 15 de novembro, a Federación Galega de Caza visitou o colexio para falarnos do que é a Cetrería. Puidemos ver diferentes aves rapaces e coñecer as súas principais características.

         

Álbum: Curso 2019 - 2020 -> Cetrería

Día Mundial da Diabetes (DMD)

Hoxe, 14 de novembro, conmemórase o Día Mundial da Diabetes. A data escolleuse porque é o aniversario de Frederick Grant quen, xunto con Charles Best, descubriu a insulina en outubro de 1921.

No noso centro, non quixemos deixar pasar a ocasión sen tratar este tema co alumnado e profesorado de 5º e 6º de Primaria. Así que asistimos a unha pequena representación e unha charla por parte da Asociación de Nenas, Nenos e Xente Nova con Diabetes de Galicia (Anedia) no salón de actos. Coñecemos a historia de Martiña e puxemos en práctica o aprendido en diferentes situacións da vida cotiá. Deste xeito, concienciámonos na importancia da integración dos nenos/as con diabetes.

Álbum: Curso 2019 - 2020 -> Anedia, charla sobre diabetes

MAGOSTO 2019

Dentro dos festexos típicos do outono, o pasado mércores 30 de outubro, celebramos o Magosto no noso cole. Aínda que o tempo non acompañou, organizouse a mañá para que o alumnado se divertise o máximo posible. Nas primeiras sesións, e mentres os membros da ANPA “A nosa escola” preparaba o lume para asar as castañas, os alumnos e alumnas premiados no concurso de Samaín pasaron polas aulas para ler e interpretar os seus contos de medo.

 

En Infantil, e despois de degustar as ricas castañas, quixeron festexar este magosto cunha morea de xogos: encestar castañas, levar castañas nunha culler…, xogos tradicionais como as buxainas, cadeiras musicais… e algúns ata se atreveron a pasar polo taller de maquillaxe. Que medo daban e que ben o pasaron!

Debido ás inclemencias do tempo, establecéronse quendas para que os cursos de primaria probaran as castañas e participaran no pavillón nun circuíto de xogos tradicionais organizados polo mestre de EF e o alumnado de 6º. A algún dos cursos tamén lles deu tempo a visualizar unha película no salón de actos coa que soltaron algunha que outra gargallada.

Grazas un ano máis ás familias pola súa colaboración e aos membros da ANPA A nosa escola por brindarse a asar as castañas!

Exposición Cabazas Samaín

Outubro 2019

Xa se pode admirar, por todos os recunchos do centro, a nosa tradicional exposición de cabazas.

Elaboradas con gran mestría por parte do alumnado e das súas familias... Son espléndidas obras de arte!

Busca a túa!

Álbum: Curso 2019 - 2020 -> Samaín 2019

"Troya" Saída de 5º e 6º

Na xornada de hoxe o alumnado de 5º e 6º de Primaria desprazouse ata o teatro da Fundación Abanca para asistir ao espectáculo teatral "Troya" sobre os fraudes tecnolóxicos e os timos a través dos dispositivos móviles e a internet.

  

 

Exposición ARGALLAR - 5º e 6º de Primaria

Hoxe, martes 22 de outubro, o alumnado de 5º e 6º de Primaria desprazouse ata a Cidade da Cultura en Santiago de Compostela para visitar a exposición "ARGALLAR" que xa visitaran antes máis compañeiros/as do cole.

 

 

Alí, a través do xogo, exploraron diferentes materiais e como aplicalos á arquitectura mediante a construcción e deconstrucción. Máis fotos no seguinte álbum:

Álbum: Curso 2019 - 2020 -> Saída Argallar 5º e 6º Primaria

FESTIVAL INTERNACIONAL DE GALICREQUES 2019

20/10/2019 22:20

Salida o Teatro Principal en Santiago, 16 Outubro de 2019, a XXIV edición do Festival Internacional Galicreques.

    

Este mercores, os alumnos e alumnas de 6º de infantil, achegáronse ata o Teatro Principal de Santiago para asistir ao espectáculo de música e monicreques "Pazzzzzz". Representado pola compañía La mar de marionetas.

-Pazzzzzz

A Nena do fío texe os seus mundos oníricos para atopar A Paz, soña con Mens, un neno con un enorme ovillo sobre a sua cabeza do que quere librarse. Para elo, emprende un viaxe sideral buscando respostas os seus problemas.

 

EXPOSICIÓN ARGALLAR - 1º PRIMARIA

O venres, 18 de outubro, o alumnado de 1º de Educación Primaria achegouse ata a Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela, para visitar a exposición ARGALLAR, na cal divertíronse e aprenderon xogando coa arquitectura. 

3.jpg