Animación á lectura

COS NOSOS CONTOS

A nosa Nica é moi presumida, xa sabedes canto lle gusta ir deixando polos recunchos do cole as súas fotos nas que, iso si, sempre sae lendo, porque xa sabedes que é algo que lle encaaantaaaa!.

Así que...cavilando.....chegou a unha conclusión.....

Por que vou encher todo coas miñas fotos lendo, se aquí hai moitísimos nenos e nenas os que lles encanta ler?

Visita de Manolo Rivas

"Nunha cidade costeira, Rosa Ribero, unha xornalista sen pelos na lingua, ve como todo o seu mundo da un xiro radical o embarcarse nunha perigosa aventura da man de Bala Perdida, un pirata".

Así é o mundo literario no que se está a mergullar o noso alumnado de 6º!

E por si a aventura non resultara a todas luces apaixoante, tivemos a sorte de compartir a nosa visión co seu autor, Manolo Rivas, quen non dubidou en respostar a tódalas nosas preguntas; ler con nós os seus parágrafos favoritos; firmar os nosos exemplares e mesmo colaborar  na plantación dunha camelia en conmemoración polo aniversario de Rosalía. 

 

Graciñas Manolo!

MALETAS VIAXEIRAS

MALETAS VIAXEIRAS

 

Un curso máis seguimos empeñados en espertar entre  o noso alumnado o pracer pola lectura. 

Entre as propostas que facemos dende a biblioteca, este curso dispoñemos dun recurso novo que a Rede de Bibliotecas Escolares de Galicia pon á nosa disposición; "As Maletas Viaxeiras". 

Esta 1ª quincena do mes de febreiro contamos cunha maleta de "ciencias" con máis de 30 títulos, entre libros e películas, cargados de información, actividades e moita diversión, porque... quen dixo que a ciencia non pode ser divertida?

 

 

XORNADAS DE CONTACONTOS

A partir do mes de febreiro, todo o alumnado do centro que o desexe, poderá participar nas sesións de Contacontos organizadas dende a biblioteca, e que se desenvolverán tódolos mércores na hora do recreo. 

Convertiranse así en contadores e contadoras de contos, hitorias, anécdotas..... e disfrutarán escoitando os seus compañeiros e compañeiras. 

QUE CONTOS!

Qué contos e qué actrices e actores! Felicidades para todo o alumnado de 6º que nos impresionou cos seus contos de Samaín. Estiveron xeniais. A ver cando hai máis, estamos desexando volver vervos ...

 

&;