Animación á lectura

LECTURAS EN TEMPOS DE LECER

Neste tempo de descanso non podiamos deixar de animarvos a ler.  Escoller un bo amigo que nos permita viaxar por lugares exóticos, vivir experiencias divertidas, atopar sentimentos agochados, botar unha boa gargallada...Todo é posible cun bo libro. Por iso, seleccionamos estes enlaces para que poidades escoller o que máis vos guste.

Abre unha páxina e déixate levar....

 KALANDRAKA TV: xa coñecedes as fantásticas historias coas que gozan os máis pequen@s.

http://www.kalandraka.tv/gl/index.php 

GaliciaLe: na que poderás acceder a todas as bibliotecas púbicas galegas e acceder ao catálogo completo en galego e en castelán.

https://www.galiciale.gal/

 

Que vaia ben o descanso e saúde para tod@s.

24 de febreiro, Día de Rosalía

DÍA DE ROSALÍA

A pesar de estarmos en Entroido,  o noso centro non se esqueceu de conmemorar o día de Rosalía de Castro. Por iso, o alumnado do 3º ciclo estivo preparando unha escolma de poemas de Rosalía, para lerllos á rapazada de Ceipp de Sigüeiro. Mirade como locen as nosas Rosalías!

 

Ademais, para manter viva a obra da nosa gran poeta, colocamos algúns dos poemas máis fermosos e recoñecidos de Rosalía, ao pé dos chanzos das escaleiras do noso colexio.

  

 

 

 

LECTURAS DE SAMAÍN

O BOSQUE ENFEITIZADO

O noso alumnado é moi creativo e ideas non lles faltan. Velaquí tedes un exemplo dos contos que prepararon para festexar o Samaín na escola. Aínda que a data xa pasou, continuamos animando os recreos coas lecturas na biblioteca de Nica, para seguir pasando un pouco de medo.....

O DÍA DAS BIBLIOTECAS

Como cada ano, o 24 de outubro é o día adicado ás bibliotecas. E como non, Nica preparounos unha divertida actividade!

Achégate á biblioteca de Nica, elixe unha sorpresa e disfruta da letura.

O DEREITO DE ESCOITAR CONTOS

Todos e todas sabemos o importante que son os contos e os libros na nosa vida. Por iso debemos ter ben presente este decálogo que nolo resume perfectamente.

QUEREMOS ESCOITAR CONTOS!

 

 DECÁLOGO

Visita de Héctor Cajaraville

Comezamos a Semana das Letras coa visita de Héctor Cajaraville ao alumnado de 6º de Primaria. Falounos do seu libro Kusuma, respondeu a todas as nosas preguntas e asinou os nosos exemplares.

Álbum: Curso 2018 - 2019 -> Héctor Cajaraville

Visita de Anxo Fariña

O ilustrador Anxo Fariña estivo cos pequenos de 1º e 2º para contarlles como plasma no papel os seus personaxes e tamén para ensinarlles algunhas técnicas á hora de debuxar.

Durante a visita, tivo tempo de debuxar ao noso compañeiro Manu. Mirade que detalles e que precisión!

  

Día do Libro

Hoxe, 23 de abril, conmemoramos o Día do Libro cunha lectura ininterrompida do Principiño na biblioteca. 

 

Máis fotos no seguinte álbum:

 

Álbum: Curso 2018 - 2019 -> Día do Libro

Visita de Chinto, escritor e xornalista

Este luns, os nenos e nenas de 3º de Primaria recibimos unha visita moi especial na biblioteca de Nica. Nada máis e nada menos que Chinto, xornalista e escritor. Xunto co seu compañeiro Pinto, escribiu os libros Novas MinimaladasCámbiache o Conto que estivemos lendo este trimestre na clase.