Skip to Content

Terceiro ciclo

Charla

Grazas a ANPA, o alumnado de 5º e 6º asistiu a unha  charla de sensibilización e formación sobre a diversidade afectiva-sexual, familiar e a LGTBIfobia, fomentando a valoración das persoas, a igualdade de oportunidades e as relacións respectuosas e saudables fora de homofobia, lesbofobia e transfobia na contorna educativa.


Muvicla

Hoxe, tocoulle o turno ao alumnado de 5º e 6º de educación primaria que visitou MUVICLA, museo de maquinaria.

Moitas grazas a ANPA por organizar esta actividade, que está financiada pola Diputación.

 

Charla

Charla sobre adición q videoxogos para alumnado de 5º e 6°, enmarcada dentro do Plan Director.

Plan Director

O alumnado de 5º e 6º de educación primaria recibiu unha charla sobre acoso escolar, enmarcada dentro do Plan Director.

Introdución á robótica

Ao longo do curso 2022-2023, na materia de libre configuración de 6º de educación primaria, traballaremos a introdución á robótica.

O primeiro paso é que o noso alumnado monte os robots mBot.

A partir de aquí, coñeceremos o seu funcionamento e introducirémonos na linguaxe de programación realizando prácticas como: medir a temperatura da auga, facer un semáforo para o ruído...

Podes ver máis imaxes dende aquí.

 

Milhulloa

O alumnado de 5º e 6º de educación primaria visitan a Cooperativa Milhulloa. Onde coñeceron o proceso de elaboración da cosmética ecolóxica, natural e sostible.

Graciñas á ANPA por organizar esta actividade!

Dende aquí podes ver máis imaxes

Pasapalabra literario

Animádevos a completar o rosco!

 

Mes da ciencia

 Queredes saber máis sobre ciencia? Abride ben os oídos!

Seguimos aprendendo cos escornabots

Os maiores do cole repasan a clasificación de palabras segundo a súa sílaba tónica dun xeito lúdico empregando os escornabots.

Mates divertidas

  

Pois claro que as mates poden ser divertidas! Se non nos credes preguntádelle ás nenas e aos nenos de 6ºB, empregaron escornabots para traballar o cálculo mental: resolvendo multiplicacións, divisións, raíces cadradas e potencias.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut