PDI

PDI de centro 2021/2022

Durante este curso, 2021-2022, o Sueiriño XI concienciou e fomentou na nosa comunidade educativa valores esenciais para a defensa do medio ambiente, co proxecto titulado:"O SUEIRIÑO A DIVERSIDADE RESPECTA, TRABALLEMOS XUNTOS A PROL DO PLANETA!", fundamentado na liña de traballo proposta desde Bibliotecas escolares “A biblioteca escolar ten a palabra”, facilitando así a construción da persoa lectora a través das distintas actividades que se programaron e dos recursos que puxemos a disposición da comunidade educativa

A nosa proposta presentou un proxecto cooperativo de todo o centro, que partindo da biblioteca, implicou ao alumnado por áreas, cursos, etapas, a todos os membros do claustro, e involucrou a todos os membros da comunidade educativa.

Os principais traballos realizados, ao longo deste curso, iranse plasmando nas diferentes píldoras desta entrada:

Os superrecicladores do cole Aniamigos:sempre ao noso carón

Coidemos da nosa vida...

Todos e todas reciclamos
 DesenlixARTE Salvemos o planeta
Coidemos a creación O Sueiriño a diversidade respecta
Creamos co lixo Aloha Sueiro, coidamos o Kaiapuni!
Planeta verde, planeta azul  

 PDI DE ÁREA

From the Tate to the Sueiro  
 

PDI de 3º EP: Todos e todas reciclamos

Neste curso escolar, o PDI do centro, céntrase no coidado do medio ambiente, e na clase de 3º de primaria, centrámonos na reutilización e reciclaxe dos materias que empregamos a diario, procurando darlle a todo unha segunda vida, e ao que non vexamos posible, enviándoo a reciclar.

Premendo nas seguintes imaxes teredes acceso ao traballo desenvolvido polo alumnado de 3º de EP sobre o PDI deste curso.

 Para reflexionar sobre o traballado neste proxecto, traballamos no club de lectura o seguinte libro:

 

Produto final do proxecto

Como produto final do proxecto desenvolvido polo alumnado de 3º de Ed. Primaria, e con toda a información recollida, elaboramos 3 lapbook, un para cada tipo de contenedor. Neles fomos explicando como empregar os diferentes tipos de contenedores e pór así en práctica os principios dos 3 erres.

Cada equipo presentou ao resto da clase o seu traballo.

O produto final foi exposto na clase e na biblioteca do centro para que poida ser revisado polos membros da nosa comunidade educativa.

Pescudando sobre a reciclaxe

Para realizar esta pescuda de información comezamos motivando ao alumnado coa lectura do lbro dos Bolechas: "Que se bota no contenedor amarelo".

Para afondar na temática visionamos o vídeo relacionado realizado por SOGAMA que explica de forma animada como realizar unha correcta reciclaxe. O vídeo facilitouselle ao alumnado cun QR.

Unha vez revisadas as formas de reciclar, formamos co alumnado da clase tres grupos, e a cada un repartiuselle un tipo de contenedor: verde, azul e amarelo.

...e aquí comezou o proxecto de investigación que desenvolveron na aula e nos ordenadores da nosa biblioteca.

Todos e todas reciclamos. Que significa reciclar.

O PDI do alumnado de terceiro no curso 2021/22 céntrase na concienciacion da necesidade de empregar, con cabeciña, o que nos ofrece a natureza fomentando os 3 RRR.

Comezamos o proxecto pescudando sobre o que consistía reciclar e o significado dos RRR.

Como actividade inicial colocamos na aula contedores para poder reciclar cada tipo de lixo que segundo a súa procedencia.

Día da árbore

Ao longo da semana do Día da árbore realizamos diversas actividades encamiñadas a fomentar a defensa do medio ambiente que estamos a traballar no PDI deste curso. Unha delas consistiu na plantación de árbores no pátio do noso colexio.

O alumnado máis cativo do cole plantou unha cerdeira que mercamos nun viveiro próximo ao noso centro.

O alumnado máis maior plantou unha ameneira que nos facilitou a Deputación de Ourense.

Exposición de instrumentos musicais

Na área de música, o alumnado de 3º, 4º, 5º e  6º de Educación Primaria construíu ao longo do mes de marzo instrumentos musicais, elaborados todos eles con material de reciclaxe, dentro das actividades previstas no PDI deste curso.

Cos traballos presentados, realizaron unha exposición permanente na biblioteca do centro á que pode acceder toda a comunidade educativa.

A folla azul

O alumnado de 6º curso de Ed. Primaria participou no Concurso de animación á lectura, actividade baseada na gamificación que nos axudou a comprobar os resultados finais de todo o traballado desde o club de lectura nos meses de decembro e xaneiro sobre o libro "A folla azul” de Andrea Maceiras. A súa lectura tiña como finalidade principal provocar no lector unha reflexión sobre o futuro da Amazonia, que no fondo sobre é o futuro de todas e todos, sen esquecer a relevancia do concepto da eco-diversidade que este ano estamos a traballar no PDI do noso centro.

A folla azul conta a historia de Husu, unha nena pertencente a unha tribo amazónica non contactada e voluntariamente illada da sociedade. Un día, os membros da tribo vense afectados por unha estraña enfermidade que provén do mundo civilizado. Husu, a nena dos ollos de luz, sálvase grazas ás premonicións da súa avoa. Só ela pode conseguir a cura para a doenza dos seus irmáns e irmás que precisamente é a folla azul que dá título á historia. Deste modo, emprende un longo camiño cheo de aventuras no que toma conciencia do perigo que corre o seu fogar, a selva.

Os lectores e lectoras demostraron o seu coñecemento das vivencias de Hasu, protagonista da historia, respostando directamente ás diferentes preguntas que os moderadores lles ían facendo ou acertando por rebote as que os seus compañeiros non eran quen de adiviñar. Varios grupos demostraron que prepararan moi ben a lectura do libro. Ao final resultou gañador o equipo que máis preguntas acertou: o equipo C Levaron como premio un exemplar do novo libro que traballaremos no Club de lectura, titulado: “Palabras de auga” de Marcos Calveiro.

Os tres RRR

Durante o mes de febreiro de 2022 o alumnado de 5º de Educación Primaria afondou no estudo da eficiencia enerxética centrándose na reciclaxe, redución e reutilización se levaron a cabo diversas actuacións.

  1. Traballo con conceptos relacionados coa eficiencia enerxética.
    • A redución de produtos, reciclaxe e reutilización.
  2. As actividades que se levaron a cabo foron as seguintes:
    • Intentar reducir un 10% o consumo de papel no CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro.
    • Reciclar lixo producido no centro educativo.
      • - Papel (contedor azul).
      • - Iogures e envases do recreo e do comedor (contedor amarelo).
    • Reutilizar diversos elementos de refugallo para crear producións.
      • - Elaboración dun mural que se atopa na porta do colexio con tapóns.
      • - Elaboración dun maio con produtos de refugallo.
  3. Realización de carteis informativos sobre o uso dos medios de transporte públicos. 

 

Emprego dos medios de transporte

Durante o mes de xaneiro de 2022 o alumnado de 5º de Educación Primaria afondou no estudo da eficiencia enerxética centrándose na redución das emisións de dióxido de carbono para o cal se levaron a cabo diversas actuacións:

  • Traballo con conceptos relacionados coa eficiencia enerxética.
  • Diminución de emisións de dióxido de carbono. Uso dos transporte público (uso do autobús urbano), bicicleta e camiñando.
  • Realización de seguimento do uso de vehículos por parte do profesorado e familias.
  • Realización de carteis informativos sobre o uso dos medios de transporte públicos.   




Distribuir contido