Educación

FIN DE CURSO !!!!!

Este curso remata. Traballamos moito e agora por fin toca descansar. Estes últimos días ademais de ir rematando o que nos quedaba, dedicamos bastante tempo a ensaiar a nosa actuación do festival e tamén un día ao deporte.

O día do deporte fixo moitísima calor, pero aínda así o pasamos moi ben. Os do segundo ciclo fixemos dous grupos e xogamos: á mariola, ao ping-pong, aos bolos e rematamos enfrontándonos ao brilé.

Ao día seguinte: o festival! Coma sempre, estabamos todo/as nerviosos/as por como nos ía saír o noso “Baiao”. Como non podía ser doutra maneira fixémolo xenial, o público aplaudiu moito. Só houbo un problema, a megafonía á hora de empezar “decidiu calar”, tivemos que utilizar os altofalantes do  ordenador e oíase pouquiño, foi unha mágoa!!!!.

Powered by Drupal - Design by artinet