Marzo 2015

APRENDEMOS A RECICLAR CON SOGAMA

Ao noso colexio viñeron uns expertos en reciclaxe, técnicos de SOGAMA, ensináronnos moitas cousas sobre como temos que separar os residuos na nosa casa e no colexio para que o lixo se poida reciclar e así axudar ao medio ambiente.
Logo regaláronnos unhas mochilas con folletos informativos sobre reciclaxe e un libriño de xogos!!!! Para que non se nos esqueza o que aprendemos e nos divirtamos un pouquiño.

2ª SEMANA DA FROITA NA ESCOLA

Entre os días 23 e 27 de febreiro fixemos a 2ª semana da froita na escola. Desta vez tomamos: mazá royal gala, clemenvilla (moi similar á clementina), melón, kiwi e amorodos.

Cada mañá esperabamos ansiosos a chegada dos pregoeiros para saber a sorpresiña que nos esperaba ese día.  Á hora do recreo a froita apetecía, cada vez máis e comela cos nosos/as amigos/as é máis divertido.

Quedamos á espera da 3ª semana!!!!!

O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR II

Tivemos unha nova “Aventura do sabor do mar”!!!!.
Aprendemos moito sobre o peixe e a pesca. Xa sabemos diferenciar o peixe azul do branco, moitas vantaxes de comer peixe, coñecemos diferentes artes de pesca ….. Uffffff, que divertido e interesante foi!!!!
Incluso nos dixeron que somos uns expertos. Xa temos un carnet !!!!!

TERCEIRA SEMANA DE FROITA NA ESCOLA

Chegou a 3ª  semana da froita. Desta vez houbo unHa sorpresa, os pregoeiros foron os nenos de Infantil, fixérono xenial!!!.

Tocou comer: plátano, cirolas amarelas, pera, piña e cirolas vermellas.  Comémola bastante ben e moi contentos cos nosos amigos/as.

Quedamos esperando a 4ª semana, que vai ser a última deste curso.

gr

SAÍDA A SANTIAGO

A principios de marzo fixemos unha saída a Santiago, visitamos Meteogalicia e o MUPEGA.

En Meteogalicia asistimos ao lanzamento dunha radiosondaxe meteorolóxica (consiste no lanzamento dunha sonda que, impulsada por un globo, ascende ata acadar os niveis estratosféricos. A sonda mide e transmite datos de temperatura, humidade, presión e posición (GPS) ao longo do seu percorrido, de xeito que se obteñen tamén os datos de velocidade e dirección do vento dende a superficie ata a estratosfera). Para máis información visitar a súa web.  Ademais  visitamos as instalacións e vimos como fan as prediccións para as cadeas de radio.

ROTEIRO ORNITOLÓXICO

Dentro do programa do Concello de Carballo "Carballo mirando ao mar" fixemos un roteiro de ornitoloxía na lagoa de Baldaio, acompañados polos monitores de "Senda Nova".

Aprendemos moitas cousas sobre aves mariñas, sobre as súas migracións, sobre especies como as limícolas, os cormoráns, os correlimos, gaivotas... Ademais de observar en directo e a través de telescopios diferentes tipos de gaivotas (as patiamarelas, as escuras, as marróns e as choronas).

Tamén aprendemos como hai que andar silenciosamente e sen molestar aos animaliños para non asustalos e os poidamos ver.

Deixamos unhas fotiños para que vos fagades unha idea de como foi a actividade.

Powered by Drupal - Design by artinet