Presentación
XORNADA NO HORTO ESCOLAR
Comezamos setembro e aproveitando o bo tempo preparamos o horto para poder plantar quitando as malas herbas. Tras isto, fixemos as nosas primeiras plantacións para este curso, ademais de regar para manter xa o que había.
BENVID@S AO CURSO 24/25!!
Este ano comezamos con moita ilusión un novo curso cheo de aventuras incríbeis!!!
Aprenderemos e desfrutaremos un montón!!
XORNADA DE SURF NA PRAIA DE RAZO (3º)
O pasado 24 de maio tivemos unha xornada de surf na praia de Razo, que día tan estupendo!! Como disfrutaron os nenos e nenas de 3º!!
XORNADA DE SURF (3º)
O 12 de abril tivemos a oportunidade de recibir da man dun profesional unha clase maxistral de SURF. En breves poderán practicar todo o aprendido...
HORTO ESCOLAR
Coa chegada da primavera estivemos no horto escolar plantando diferentes especies vexetais. Aquí vos deixamos unha pequena mostra (pincha sobre a imaxe).
UN PASO MÁIS (INCLUSIÓN)
O 5 de abril vivimos unha xornada do máis interesante da man de "UN PASO MÁIS". Deste xeito, o alumnado foi capaz de experimentar de primeira man como realizar certas actividades pese a ter algún tipo de discapacidade.
DÍA DA MULLER (8 DE MARZO)
Actividade no "Mercado de Carballo" para conmemorar o Día da Muller.
- 1
- 2
- 3
- seguinte ›
- última »