Educación

ROTEIRO ORNITOLÓXICO

Dentro do programa do Concello de Carballo "Carballo mirando ao mar" fixemos un roteiro de ornitoloxía na lagoa de Baldaio, acompañados polos monitores de "Senda Nova".

Aprendemos moitas cousas sobre aves mariñas, sobre as súas migracións, sobre especies como as limícolas, os cormoráns, os correlimos, gaivotas... Ademais de observar en directo e a través de telescopios diferentes tipos de gaivotas (as patiamarelas, as escuras, as marróns e as choronas).

Tamén aprendemos como hai que andar silenciosamente e sen molestar aos animaliños para non asustalos e os poidamos ver.

Deixamos unhas fotiños para que vos fagades unha idea de como foi a actividade.

 

Powered by Drupal - Design by artinet