Novembro 2015

SAMAÍN

Chegou o samaín.  Pasámolo moi ben e sóubonos a pouco!!!!!.
 Foi unha semana intensa, traballamos moito, tanto na casiña como no colexio.
 Coas nosas familias decorando as cabazas e as vasoiras. Traballamos e traballamos ata deixalas PRECIOSAS!!!!!
No colexio disfrutamos dunha tarde de concerto con Luís Vallecillo, cantamos, bailamos…. Tamén decoramos todo, ata que case daba medo entrar!!!!
Chegado o día, disfrazámonos. Estabamos “TERRORÍFICOS”!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

DÍA DO PEÓN - MAGOSTO

Como xa é costume no noso colexio no outono celebramos na mesma xornada lectiva, o Día do Peón, pola mañá, e máis o Magosto, pola tarde.
Practicamos moito, divertímonos e xa somos uns “profesionais” bailadores de peóns,
As castañas estaban boísimas. O noso “castañeiro”, David, asounas moi ben. Comémolas tod@s xunt@s, emborrallámonos, xogamos…. Que curtiña foi a tarde!!!!

SAÍDA A CARBALLO

Realizamos a primeira saída do curso, fomos coñecer un pouquiño más a nosa vila.

Primeiro visitamos a Biblioteca municipal. Cristina recibiunos moi amablemente, ensinounos a planta baixa, percorremos todas as seccións, explicounos como está organizado o material, como se pode usar a biblioteca, como hai que facer para ser socios, miramos parte dos libros da nosa idade....

Despois fomos andando ata o Concello. Visitamos as dependencias da Policia Local, ensináronnos un pouquiño como é o seu traballo,  varias salas, e o que máis nos gustou foi ver o calabozo!!!!

No primeiro andar recibiunos o Alcande na sala de plenos, fixémoslle moitas preguntas e el contestounas todas.

Powered by Drupal - Design by artinet