SAÍDA A CARBALLO

Realizamos a primeira saída do curso, fomos coñecer un pouquiño más a nosa vila.

Primeiro visitamos a Biblioteca municipal. Cristina recibiunos moi amablemente, ensinounos a planta baixa, percorremos todas as seccións, explicounos como está organizado o material, como se pode usar a biblioteca, como hai que facer para ser socios, miramos parte dos libros da nosa idade....

Despois fomos andando ata o Concello. Visitamos as dependencias da Policia Local, ensináronnos un pouquiño como é o seu traballo,  varias salas, e o que máis nos gustou foi ver o calabozo!!!!

No primeiro andar recibiunos o Alcande na sala de plenos, fixémoslle moitas preguntas e el contestounas todas.

Cando baixamos aproveitamos para ver o Rexistro e entregar unhas propostas de mellora que entre todos fomos pensando.

Agora xa coñecemos un pouquiño máis o noso Concello.

 

Na web do Concello publicaron a nova da nosa visita. Podédela ver pinchando neste debuxiño   

 

  

  

Powered by Drupal - Design by artinet