Xuño 2015

SOMOS CIENTÍFICOS!!!!

Este curso convertémonos en científicos e o noso cole nun gran laboratorio onde tod@s nen@s investigamos, fixemos moitos experimentos (varios de cromatoloxía, de electricidade estática, fixemos un volcán submariño, demostramos que a la é un illante térmico, fixemos pegads de animais...), buscamos información sobre científic@s.

Como xa somos tod@s uns expert@s, Sorriso  Sorriso  Sorriso, logo expuxémolos ao resto d@os compañeir@s e profes do cole, así tod@s aprendemos de tod@s!!!

SAÍDA A MARCELLE

O curso está a punto de rematar e nós xa disfrutamos da última saída.

Tocou madrugar, facer un longo percorrido no autobús, chegar á casa e merendar más tarde, viñamos cansadiños .... pero mereceu a pena!!!! Pasámolo xenial en MARCELLE!!!, vimos moitos animaliños, fixemos moitos xogos c@s monito@s, tivemos un dia xenial de moita calor...

Pinchando  aquí  podedes ver máis información sobre o parque.

      

FIN DE CURSO

Este curso xa chegou ao seu final, pasaou moi rápido e agora toca descansar para volver o próximo con moitas forzas, moitas ganas de traballar...

Os últimos días foron máis divertidos do habitual, fixemos moitas actividades que nos gustaron e coas que nos divertimos moito:

- Unha "carreira de orientación", corremos moito, apuramos todo o que puidemos e buscamos a solución a todas as probas.

- Logo chegou a festiña da AMPA, con comida, xogos, inchables, festa da espuma..... Xenial!!!

- O penúltimo día foi o festival e demostramos a tod@s as nosas dotes de bailaríns, coas cancións "Mi madre tiene un sombreo  gris" e "Oh Susana"

 E o último: as notas!!!!

Powered by Drupal - Design by artinet