Maio 2014

"COCIÑANDO CONTOS"

 
Un ano máis asistimos a "IX Semana do libro e a lectura de Carballo" organizada pola Asociación Socio-pedagóxica Galega (as-pg) e o Concello de Carballo, coa temática de "cociñando contos".

MAIOS E LETRAS GALEGAS

Aproveitando que xa estamos na primavera e que se aproximaba o 17 de maio, Día das letras Galegas durante este mes traballamos sobre ambos temas. Como colafón o  venres 16 fixemos una  celebración na que conmemoramos os maios e ensalzamos a nosa cultura galega. Este día:
- Montamos un maio coa vexetación e as flores que trouxemos entre todos os nenos/as.
- Cantamos e bailamos cancións populares.
Como mostra deixámosvos unhas fotos dos poemas ilustrados de José María Díaz Castro e do resultado do maio montado.
                                      

FROITA NA ESCOLA

Esta semana no noso colexio foi un pouco diferente, tivemos a primeira semana da “Froita na escola”.
Nos recreos baixabamos ao ximnasio e alí todos xuntos comíamos unha froita e cando sobraba podíamos repetir. Gustounos moito a experiencia, de feito, o venres dixemos:
-Oh, que mágoa que se rematase a semana!!!!
Os profes quedaron moi sorprendidos de que fosemos “tan bos comedores de froita”. Parabéns para todos/as e a seguir así!!!!!
Proximamente haberá a segunda semana da froita. Seguiremos informando e deixando máis fotiños.

 

                      

 

Pois xa chegou a 2ª semana e gustounos tanto coma a primeira. Como xa estamos en xuño a froita comémola no primeiro recreo e no segundo, algúns, aínda volvemos a entrar no ximnasio por se aínda hai algo. 

Powered by Drupal - Design by artinet