Decembro 2019

Exitosa xornada de campo a través

29 de novembro de 2019

 

Esta mañá gozamos dunha soleada e exitosa xornada de campo a través en Carballo, que non só nos deixou a clasificación para a seguinte fase de benxamíns do noso compañeiro Mateo, senón que tamén nos permitiu comprender a importancia de valores como a participación, o esforzo e o compañeirismo.

 

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O día 25 de novembro está adicado ao día internacional contra a violencia de xénero, traballamos sobre o tema na aula, tamén cantamos unha canción con todo o alumnado do cole e proxectamos o conto de Artur e Clementina. O concello regalounos un estoxo co lema "Carballo en negro."

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Experimentos: ovos en vinagre e cromatografías

12 de decembro de 2019

 

Ao longo das dúas últimas semanas, o alumnado de 3º a 6º estivemos a participar en dous obradoiros de experimentos: ovos en vinagre e cromatografías. Se alguén quere repetilos na casa, aquí están os pasos a seguir...

 

 

Nadal 2019

19 de decembro de 2019

 

Deixamos aquí o vídeo que nos acompañou durante a actuación das nenas e nenos de 3º no Festival de Nadal 2019: "Quérote máis!".

 

Despedida do ano

20 de decembro de 2019

 

Hoxe, as nenas e nenos de 3º celebramos co resto do alumnado do centro o noso propio Fin de Ano, do que deixamos un vídeo. Tamén rematamos este ano amosando as postais de Nadal coas que participamos no concurso organizado polo Concello de Carballo. Bo Nadal e ata o 2020!

 

 

NADAL

BO NADAL!!!

 

                                  

Powered by Drupal - Design by artinet