Esta semana no noso colexio foi un pouco diferente, tivemos a primeira semana da “Froita na escola”.
Nos recreos baixabamos ao ximnasio e alí todos xuntos comíamos unha froita e cando sobraba podíamos repetir. Gustounos moito a experiencia, de feito, o venres dixemos:
-Oh, que mágoa que se rematase a semana!!!!
Os profes quedaron moi sorprendidos de que fosemos “tan bos comedores de froita”. Parabéns para todos/as e a seguir así!!!!!
Proximamente haberá a segunda semana da froita. Seguiremos informando e deixando máis fotiños.
Pois xa chegou a 2ª semana e gustounos tanto coma a primeira. Como xa estamos en xuño a froita comémola no primeiro recreo e no segundo, algúns, aínda volvemos a entrar no ximnasio por se aínda hai algo.