O día 30 de maio fixemos unha saída para celebrar o remate do curso e fomos ao campo de Golf de Vilela (Baldaio).
Xogamos a distintas actividades, entre elas: paintball, tiro con arco, carreiras de orientación, iniciación ao golf e a tirolina. Os profes tiñan medo de tirarse na tirolina e algúns rapaces tamén.
Pola mañá participamos en dúas actividades, logo comemos, tomamos un xeado e pola tarde fixemos tres actividades máis. Cando estabamos comendo vimos un señor practicando golf, a verdade é que o facía moi ben.
Cando marchamos tivemos que subir unha costa moi grande e estabamos tan cansos que nos custou moito chegar ao bus. Facía unha calor tremenda!
Ao chegar ao colexio estábannos esperando os nosos pais e fómonos con eles.
Xuño 2014
SAÍDA DE FIN DE CURSO

ROTEIRO RAZO-BALDAIO
Agora que rematamos, xa fixéramos a saída de fin de curso, pois SORPRESA!!!!! O Concello de Carballo invítanos a facer un roteiro desde a praia de Razo á lagoa de Baldaio. Foi precioso. o día espectacular. Andivemos 5 km, con parada para merendar, entre as duna.
Acompañáronnos 3 monitores, que xa nos viñeron buscar ao cole, logo en Baldaio estábanos esperando outro máis cuns prismáticos e un telescopio. Explicáronnos moitas cousas, coñecemos fauna e flora,……
FOI XENIAL, PASÁMOLO PIPA!!!! SÓUBONOS A POUCO! GUSTARÍANOS TANTO REPETIR!

FIN DE CURSO !!!!!
Este curso remata. Traballamos moito e agora por fin toca descansar. Estes últimos días ademais de ir rematando o que nos quedaba, dedicamos bastante tempo a ensaiar a nosa actuación do festival e tamén un día ao deporte.
O día do deporte fixo moitísima calor, pero aínda así o pasamos moi ben. Os do segundo ciclo fixemos dous grupos e xogamos: á mariola, ao ping-pong, aos bolos e rematamos enfrontándonos ao brilé.
Ao día seguinte: o festival! Coma sempre, estabamos todo/as nerviosos/as por como nos ía saír o noso “Baiao”. Como non podía ser doutra maneira fixémolo xenial, o público aplaudiu moito. Só houbo un problema, a megafonía á hora de empezar “decidiu calar”, tivemos que utilizar os altofalantes do ordenador e oíase pouquiño, foi unha mágoa!!!!.