Xaneiro 2020

Ula Lúa?

8 de xaneiro de 2020

 

En Ula Lúa? a gatiña Lúa é a protagonista. Non ten irmáns e a avoa non lle deixa saír da casa, pero ela soña con viaxar, coñecer novos lugares e ter amigos para xogar. Cando logra saír, atópase cun gato que tamén intenta impedir que realice os seus soños, pero Lúa di NON, porque ninguén ten dereito a destruír os seus soños e ilusións. A igualdade e a non violencia son pilares desta historia na que os personaxes mostran unha realidade que padecen nenas e mulleres en todo o mundo.

 

 

Un deportista de primeira

21 de xaneiro de 2020

 

O noso compañeiro de 3º, Mateo Pallas Cebral, segue a medrar deportivamente. Neste mes de xaneiro non só conseguiu clasificarse na Carreira Intercomarcal Os Menhires, senón que tamén quedou campión en tres modalidades de socorrismo:

a) 25 metros remolque maniquí.

b) 4 x 50 arrastre maniquí.

c) 4 x 12,5 relevo remolque.

 

 

Moitos parabéns!

Plan Proxecta - Arcimboldo

22 de xaneiro de 2020

 

Ao longo do primeiro trimestre estivemos a traballar arredor da figura de Arcimboldo no marco do Plan Proxecta. Aquí deixamos unha mostra do resultado desta actividade, mais podedes ver máis fotos na galería de imaxes facendo click aquí.

 

 

 

Mantemento do invernadoiro

23 de xaneiro de 2020

 

As nenas e nenos de 3º colaboramos na limpeza de herbas do invernadoiro para que os grelos do cole (e algunha que outra pataca) medren con forza!

Día da Paz

30 de xaneiro de 2020

 

Achegamos un vídeo-resumo das actividades realizadas polo grupo de 3º de Primaria para a celebración do Día da Paz.

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet