No seguinte vídeo, podedes ver un resumo das actividades realizadas polo grupo de 3º esta "Semana do clima" para concienciar sobre a importancia de coidar o medio ambiente e loitar contra o cambio climático.

22 de outubro de 2019
O martes 22 de outubro as nenas e nenos de 3º de Educación Primaria (xunto a 1º e 2º) visitamos a Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso, en A Coruña. Alí observamos de preto as actividades plásticas que se estaban a realizar en moitos dos talleres e aulas (Audiovisuais, Debuxo, Fotografía, Grabado, Pedra, Madeira, Papel...). Algúns dos nosos pequenos artistas remataron a visita convencidos de querer pasar por esa escola no futuro!
24 de outubro de 2019
Hoxe estamos de celebración, pois é o Día das Bibliotecas!
A BIBLIOTECA ESCOLAR, ese lugar polo que pasan todas as nenas e todos os nenos do país, a primeira biblioteca que lles aprende e na que pasan moitas cousas (e todas boas), ese espazo para a igualdade e a diversidade.
28 de outubro de 2019
Experimento realizado por Lucía Rey Bértoa (3º).
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |