O 2 de maio celébrase o Día Internacional contra o Bullying ou o Acoso Escolar, co obxectivo de concienciar sobre o risco do acoso escolar e o bullying mas crianzas e na xente moza a nivel mundial, así como buscar os mecanismos para evitar este mal, que hoxe, converteuse nun terrible perigo para a poboación infantil e xuvenil.
Falamos de Acoso Escolar ou Bullying cando se producen situacións, accións e condutas nas que un ou máis alumnos/as insultan, difaman, ameazan, chantaxean, difunden rumores, pegan, rouban, rompen cousas, ignoran ou illan a outros/as de maneira sistemática ou prolongada no tempo.
Por iso desde Fundación ANAR lanzan estas guías nas que atoparedes información básica para detectar e previr o acoso escolar xa sexades menores de idade, familias ou docentes.