Ollos de Aula, Recursos Compartidos, Cociñando xunt@s, Plan Alerta Escolar, Colaborando para detectar o maltrato infantil, Lecturas a catro mans, Xunt@s contra o acoso escolar, Crianza, O galego "vai" contigo, Internet segura para as crianzas

18O Congreso Convivencia

Estimadas familias:

Queremos compartir con vós o Congreso de coordinadoras e coordinadores de benestar e convivencia que ten lugar hoxe 18 de outubro de 2023 en Santiago de Compostela. 

BORRADOR DO PROGRAMA

 

1X Charla sobre seguridade en Internet para familias

Estimadas familias:

Coa charla de onte damos por rematadas as actividades que compartimos con vós este curso.

Moitísimas grazas por estar sempre aí e ofrecernos cada día a vosa confianza, respaldo e colaboración para facer do colexio un lugar de encontro pensado por e para as crianzas.

Agardámosvos o curso que ven!!

 

1X Charla sobre seguridade en Internet para familias

01/06/2023 20:30
Europe/Madrid

 Xoves 1 de xuño ás 20:30h

 Pinchade na imaxe. 

2M Día mundial contra o acoso escolar

Y tú… ¿De qué lado estás?

 

QUE PODEMOS DICIRLLE A UNHA PERSOA QUE ACOSA

O 2 de maio celébrase o Día Internacional contra o Bullying ou o Acoso Escolar, co obxectivo de concienciar sobre o risco do acoso escolar e o bullying mas crianzas e na xente moza a nivel mundial, así como buscar os mecanismos para evitar este mal, que hoxe, converteuse nun terrible perigo para a poboación infantil e xuvenil. 

Falamos de Acoso Escolar ou Bullying cando se producen situacións, accións e condutas nas que un ou máis alumnos/as insultan, difaman, ameazan, chantaxean, difunden rumores, pegan, rouban, rompen cousas, ignoran ou illan a outros/as de maneira sistemática ou prolongada no tempo. 

Por iso desde Fundación ANAR lanzan estas guías nas que atoparedes información básica para detectar e previr o acoso escolar xa sexades menores de idade, familias ou docentes.

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido