Música entre nós

Esta semana almorzamos Auryn

Auryn foi un grupo musical/boyband pop español que foi creado no verán do ano 2009. Componse de cinco membros, David LafuenteDaniel FernándezBlas CantóCarlos Marco e Alvaro Gango os cinco compoñen a maioría dos seus temas e os cinco son vocalistas. O 28 de xullo de 2016, nun comunicado oficial, o grupo anunciou a súa separación.

Os cinco compoñentes teñen experiencia musical, Daniel Fernández representou a España no Festival da canción Junior 2004 quedando en 4º posición, e os demais participaron en programas como Veo veo ou Factor X.

No 2009 formouse a banda en Madrid, o nome "Auryn" fai referencia ao amuleto da obra A historia interminable de Michael Ende. En pouco tempo, a súa música revolucionou Youtube e as redes sociais facendo versións de cancións coñecidas como UmbrellaDéjame etc...

O 18 de outubro de 2011, lanzan o seu primeiro álbum Endless Road, 7050, o cal foi autoproducido sen apoio de produtoras. O disco ponse no alto das listas en España e permanece así durante dous anos.

FONTE: https://gl.wikipedia.org/wiki/Auryn

 

Esta semana almorzamos BB King

Riley B. King, nado en Itta Bena, Mississippi, o 16 de setembro de 1925, e finado en Las Vegas o 14 de maio de 2015, foi un cantante e guitarrista de blues.

Nado nunha cachoupa nunha plantación de cotón preto de Berclair, foi criado pola súa avoa materna Elnora Farr en Kilmichael. Adquiriu unha cultura musical básica no coro de gospel da igrexa baptista desa localidade. Traballou como condutor de tractores.

Comezou de guitarra no Famous St. John's Quartet en Inverness, tocando en igrexas e en radios comarcais.

En 1947, B. B. King gravou con RPM Records en Los Angeles. Un dos seus descubridores e produtores foi Sam Phillips, quen máis adiante fundou a fundamental Sun Records.

En febreiro de 1952, acadou o seu primeiro número un no Billboard Rhythm and Blues co tema 3 O'Clock Blues; a partir de aí encadeou unha serie de sucesos de vendas, todos eles ligados ao blues e caracterizados polo xeito singular de tocar a súa guitarra Lucille. Asemade, emprendeu xiras con numerosas actuacións por todo o país. Chegou a crear o seu propio selo discográfico: Blues Boys Kingdom. Máis adiante gravou para ABC, MCA, Reprise/Warner Bros. e Virgin/EMI.

Moi recoñecido polas novas figuras brancas do Rock e do Blues, dende Elvis Presley a U2, pasando polos The Rolling Stones e Eric Clapton, acadou un premio Grammy polo tema The Thrill is Gone, gañou sona internacionais con espectáculos por todo o mundo, incluída Galicia e pertence ao Blues Hall of Fame e ao Rock and Roll Hall of Fame.

FONTE: https://gl.wikipedia.org/wiki/B.B._King

Esta semana almorzamos Flamenco

Rosalía Vila Tobella, nada en Sant Esteve Sesrovires, provincia de Barcelona, o 25 de setembro de 1993, máis coñecida como Rosalía, é unha cantante e actriz española.

En 2018, converteuse na española con máis premios Grammy Latinos por un único traballo. A súa canción «Malamente», con raíces flamencas e fusión urbana, obtivo cinco nomeamentos dos cales conseguiu dous galardóns.

FONTE: https://gl.wikipedia.org/wiki/Rosal%C3%ADa_Vila

 

Francisco Sánchez Gómez, coñecido como Paco de Lucía, nado en Alxeciras (Cádiz) o 21 de decembro de 1947 e finado o 25 de febreiro de 2014 en Xpu-há, un complexo turístico de Solidaridad (Quintana RooMéxico), foi un guitarrista flamenco andaluz considerado un dos mellores mestres da guitarra de todos os tempos.

Recibiu, entre outros moitos galardóns, o Premio Nacional de Guitarra de Arte Flamenca, a Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes (1992), a Distinción Honorífica dos Premios da Música (2002), o Premio Príncipe de Asturias das Artes (2004). É Doutor Honoris Causa pola Universidade de Cádiz.

FONTE: https://gl.wikipedia.org/wiki/Paco_de_Luc%C3%ADa

 

 

Esta semana almorzamos The Tokens

The  Tokens é unha agrupación estadounidense de doo-wop orixinaria de  Brooklyn, Nova York e fundada en 1955. Son recoñecidos principalmente polo seu exitoso sinxelo de 1961 " The  Lion  Sleeps  Tonight", unha versión da canción do compositor africano Solomon Linda.De 1962 a 1970 el grupo publicó otras nueve canciones que ingresaron al Top 100.

Jay Siegel fue el vocalista principal en todos los éxitos de The Tokens incluyendo "I Hear Trumpets Blow" (1966) y "Portrait of My Love" (1967). A partir de 1963 la agrupación empezó a producir discos para otros artistas, como The Chiffons, Randy & the Rainbows y The Happenings. Su compañía de producción se llamaba Bright Tunes y también crearon su propia compañía discográfica, B.T. Puppy Records.

 

Esta semana almorzamos Queen

A historia deste grupo británico comezou en 1968 cando Brian May e Tim Staffell fundaran Smile. A este proxecto uniuse Roger Taylor como batería. En 1970 Tim Staffell abandona o grupo. Nese mesmo ano incorpórase Freddie Mercury e cambian o nome de Smile por Queen. A razón deste nome débese a que os integrantes da banda buscaban algo que fose identificativo doado de coñecer por calquera persoa do mundo. Un ano máis tarde, en 1971 únese John Deacon como baixista e quedaría pechada a formación do grupo que nunca experimentou cambios ata a súa desaparición.

O seu primeiro grande éxito foi "Bohemian Rhapsody", escrita por Freddie e producida por Roy Thomas Baker en outubro de 1975. En 1976 publican A day at the races e en outubro de 1977 News of the world, que contén a simbólica canción "We are the champions", utilizada en multitude de eventos deportivos. En 1980 publican The Game, que contiña o tema "Another One Bites The Dust", o sinxelo máis vendido do grupo. En 1982 Queen aparece dentro do libro Guinness como a banda mellor pagada. Dous anos máis tarde publican The Works. Dentro deste álbum atópase o éxito "Radio Ga Ga". En 1985 no festival Rock In Rio congregando a uns 250.000 espectadores. En xuño do mesmo ano o grupo realiza a banda sonora de Highlander, no disco titulado A Kind Of Magic e en decembro realizan o seu segundo álbum en directo Live Magic. Freddie Mercury xunto a Montserrat Caballé gravan un disco xuntos. Incluía a canción "Barcelona" que foi tomada como tema dos Xogos Olímpicos de 1992. En 1991 Freddie anuncia publicamente que padece SIDA e morre o día seguinte.Roger, John e Brian editan 'Made in Heaven' en 1995 con temas nos que traballou Freddie antes de morrer. A partir deste punto, a banda deixou de tocar e soamente publicou numerosos recompilatorios.

 

Esta semana almorzamos Vivaldi

Antonio Lucio Vivaldi, nado en Venecia o 4 de marzo de 1678 e finado en Viena o 28 de xullo de 1741,foi un sacerdote e compositor véneto, coñecido como Il Prete Rosso (O Padre Roibo) por causa da súa cor de cabelo. Entre as súas obras destaca pola súa popularidade a Sinfonía nº 8, o que se coñece como as Catro estacións: Primavera, Verán, Outono e Inverno. Escribiu máis de 500 concertos (210 para violín ou violoncello só), 46 óperas, 73 sonatas.

 

Esta semana almorzamos POP

Michael Joseph Jackson, nado en Gary, Indiana o 29 de agosto de 1958 e finado nos Ánxeles o 25 de xuño de 2009, máis coñecido simplemente como Michael Jackson, foi un cantautor, actor, músico, bailarín e home de negocios estadounidense. Chamado o Rei do Pop,a súa contribución á música, ó baile, á moda, xunto coa súa publicitada vida persoal, fixeron del unha figura da cultura popular durante catro décadas.

Debutou na música profesional a carón dos seus irmáns como membro dos Jackson 5 en 1968, e comezou a súa carreira en solitario en 1971. A comezos dos anos 1980, Jackson converteuse na figura dominante da música popular. Os vídeos musicais das súas cancións, como "Beat It", "Billie Jean", e "Thriller", considéranse rompedores das barreiras raciais e transformadores do medio nunha arte e nunha ferramenta de promoción. A popularidade deses vídeos axudou a elevar á fama a MTV, daquela unha canle relativamente nova. Con vídeos como "Black or White" e "Scream", continuou a innovar no medio ó longo da década de 1990, ademais de forxarse unha reputación como artista das xiras mundiais. A través das actuacións nos escenarios e nos vídeos, Jackson popularizou unha morea de complicadas técnicas de baile, como o robot e o moonwalk, ós cales el deu nome. O seu distintivo son e estilo influíron en numerosos artistas de hip hop, post-disco, R&B contemporáneo, pop e rock.

FONTE: https://es.wikipedia.org/wiki/Mike_Oldfield

 

Michael Gordon Oldfield, nado en Reading (Berkshire) o 15 de maio de 1953, é un músico solista multinstrumental e compositor inglés. O seu estilo é moi amplo, e varía entre o rock ou rock progresivo, a música étnica ou de raíz, a clásica e a electrónica

 

Distribuir contido