Almorzamos música

Facede caso do Hipopótamo

Hoxe presentámosvos unha canción con "coreografía" para cantar e bailar entre tarefa e tarefa.

Mercores 18 Marzo

 

Ola bos dias. Antes de nada desexarvos que pasedes un magnífico dia. 

Estamos afeitos a escoitar o timbre musical para subir ás clases así que seguiremos usándoo.

 

 

Hoxe tócache investigar e opinar sobre Vittorio Monti e unha das súas pezas máis importantes: "Czardas".

 Pincha na imaxe.

 

 

Déixoche a mesma canción interpretada de distintos xeitos e por distintos intérpretes con diferentes estilos.

Cal prefires?

 

 

 

Convídoche tamén a coñecer algo máis sobre arte no Museo Arqueolóxico Ateniense. Dálle ao botón de "Traducir páxina" na esquina superior esquerda cando se abra o link que o teu grego non é fluido 

Pincha na imaxe.

 

  

Por último lembrarvos que temos que seguir nos diarios.

Cada dous días tes que presentar unha redacción.

Un dia en castelán e ao seguinte en galego alternando as dúas linguas.

 

Elixe o tema que queiras... Es libre...

Escribe! Escribe! Escribe!

 

 Un saúdo e unha aperta!

 

 

Almorzamos música

Almorzamos música

Esta semana almorzamos Gardel

Carlos Gardel, nado en Tacuarembó ou Tolosa o 11 de decembro de 1890 e finado en Medellín o 24 de xuño de 1935, foi o mais famoso dos cantantes do tango arxentino, país ao cal chegou aos dous anos de idade.

Cantante e actor célebre en toda a América Latina pola divulgación do tango. Iníciase como cantante aínda novo co nome artístico de El Morocho, presentándose en cafés dos suburbios da capital arxentina. A súa primeira interpretación formal é no Teatro Nacional de Corrientes, no cal tamén se presenta José Razzano, con quen forma unha compañía por varios anos. Pola sensualidade da súa voz, a cal se prestaba moi ben á interpretación da milonga – xénero precursor do tango – volveuse coñecido a partir de "Mi noche triste" (1917).

O 24 de xuño de 1935, Carlos Gardel morreu nun accidente de avión durante unha xira, en Medellín, en Colombia, viaxaba de Bogotá a Cali nun trimotor F-31 da compañía SACO. Feita escala en Medellín, o avión percorreu a pista para alzar o voo, pero apenas engalara precipitouse a terra, chocando con outro avión alemán que esperaba a túa vez, incendiándose os dous. Os seus restos mortais encóntranse ata hoxe no Cemiterio de la Chacarita na capital arxentina.

FONTE: https://gl.wikipedia.org/wiki/Carlos_Gardel

Esta semana almorzamos Jim Morrison

James Douglas "Jim" Morrison, nado en Melbourne (Florida) o 8 de decembro de 1943 e finado en París o 3 de xullo de 1971, foi un cantante e escritor norteamericano, coñecido principalmente por ser o vocalista da banda de Los Angeles The Doors.

Pincha na imaxe para saber máis.

Distribuir contido