Admisión e Matrícula

Procedemento e calendario para solicitude de admisión para o curso 2024-25

 Benvid@s  ao  cole

 

Aplicación de admisión

+Info

Queridas familias:

O 1 de marzo empeza o prazo de presentación de solicitudes de admisión para o curso 2023-24 e tedes a vosa disposición dous procedementos:

- Presentación na Sede Electrónica da Xunta neste enlace ED550B - Admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos.

- Presentación na secretaría do centro cubrindo os impresos na aplicación admisionalumnado e pedindo cita no 886 11 04 92 para presentalos.

 

Documentación para a presentación

- Solicitude Anexo II.

- Comprobación de datos dos membros da unidade familiar que non sexan a persoa que asina a solicitude Anexo II bis. Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo e achegar unha copia dos documentos.

- Documento acreditativo do requisito de idade do alumno/a. (DNI, Libro de familia...)

- Certificado oficial do expediente académico en caso de vir doutro centro.

- Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor, de darse o caso.

- Título de familia numerosa de ser o caso.

Certificado de discapacidade recoñecida pola Xunta de Galicia de darse o caso.

  

Postos escolares ofertados 

INFANTIL

PRIMARIA

Aula Mixta

Aula Mixta

Aula Mixta

Aula Mixta

3 anos

4 anos

5 anos

Primeiro

Segundo

Terceiro

Cuarto

Quinto

Sexto

7 + 1 NEAE

6 + 1 NEAE

12

10

                 

Prazo de presentación de solicitudes

  • O alumnado novo que queira presentar solicitude de admisión neste centro terá que facelo do 1 ao 20 de marzo.
  • As solicitudes poderán facerse no centro que se solicita en primeiro lugar no caso de solicitar máis de un.
  • Lémbrase ás persoas proxenitoras ou titoras legais que só se pode presentar unha única solicitude de admisión. O non cumprimento deste feito determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

 

Recoñecemento das familias monoparentais no proceso de escolarización

Enténdese por familia monoparental a composta por un único proxenitor ou proxenitora que non conviva con outra persoa coa que manteña unha relación análoga á conxugal e os fillos ou fillas menores ao seu cargo, sempre que o outro proxenitor ou proxenitora non contribúa economicamente ao seu sustento.

Para a valoración do criterio de familia monoparental, a persoa interesada terá que presentar a certificación de recoñecemento da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia ou pola autoridade competente doutras administracións públicas.

A efectos da certificación de recoñecemento debe ser solicitada ao seguinte servizo:

 

Dirección Xeral de Familia e dinamización demográfica

Subdirección Xeral de Política familiar

Servizo de protección de menores

San Caetano

881999011

proteccionmenores@xunta.gal

  

Seguimento e consulta do estado de tramitacion das solicitudes

O alumnado e as súas familias poderán consultar o estado de tramitación das súas solicitudes a través da aplicación informática https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado utilizando o código da solicitude e o número de DNI da persoa solicitante.

 

Calendario

Do 1 ao 20 de marzo.

 

Prazo de formalización de matrícula

O alumnado admitido deberá formalizar a súa matrícula entre o 25 e o 30 de xuño.

 

Centro de adscrición

CPI Manuel Suárez Marquier (O Rosal)

 

Área de influencia

Parroquias de Loureza e Burgueira (Oia)

 

Servizos complementarios ofertados

Transporte escolar

 

Normativa de aplicación

  • Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

 

Inicio do procedemento de admisión de alumnado para o curso 2024/2025

 

Fase de reserva de prazas en centros de adscrición

De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde do 12 de marzo de 2013 que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, o luns 15 de xaneiro de 2024 inícianse os trámites do procedemento (código ED550A), coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa.

  • O prazo de solicitudes abranguerá do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro do 2024, ambos incluídos.
  • A solicitude farase directamente na aplicación admisionalumnado. Despois imprimirase e asinarase para presentala na secretaría do centro. A consulta das listaxes de alumnado admitido consultaranse na propia aplicación.

O noso centro de adscrición é:

36013576 - CPI Manuel Suárez Marquier (O Rosal - Pontevedra)

 

Normativa de aplicación

  • Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

Admisión do alumnado: Garantía de permanencia e prioridade

ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Artigo 9. Garantía de permanencia no centro docente

1. O alumnado matriculado nun centro docente público ou privado concertado ten garantida a súa permanencia nel nos termos establecidos no artigo 5.1 do Decreto 254/2012, do 13 de decembro, polo tanto, o cambio de curso, ciclo, nivel ou etapa non requirirá un novo procedemento de admisión, agás que coincida cun cambio de centro.

2. O alumnado de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato que se atope nesta situación, deberá formalizar a matrícula en tempo e forma.

3. Sen prexuízo da garantía de permanencia, nais, pais ou representantes legais do alumnado poderán presentar solicitude de admisión noutro centro educativo na forma e dentro do prazo establecidos nesta orde e, ao mesmo tempo, deberán remitir ao centro de orixe copia da solicitude de admisión presentada no novo centro.

4. Os centros que admitan a alumnado procedente doutro centro, comunicaranlle a este a súa admisión. O alumnado que resulte admitido no novo centro perderá o dereito de permanencia no centro de orixe.

 

Artigo 10. Prioridade do alumnado procedente de centros adscritos (o noso centro de adscripción é o CPI Manuel Suárez Marquier do Rosal)

1. O alumnado procedente dos centros adscritos de educación infantil, educación primaria ou educación secundaria obrigatoria, terá prioridade para a admisión de conformidade co artigo 9.2 do Decreto 254/2012, do 13 de decembro.

2. O alumnado que pretenda continuar estudos nun centro de adscrición, para os efectos de reserva de praza neste, deberá presentar no centro de orixe o modelo normalizado que se publica como anexo I da presente orde entre os días 1 e 15 de febreiro de cada ano.

3. A dirección dos centros públicos e a titularidade dos centros privados concertados remitirán ao centro de adscrición unha relación do alumnado susceptible de matricularse nel para o vindeiro curso xunto coas solicitudes de reserva de praza.

 

Artigo 11. Reserva de praza

1. Cando os postos escolares dispoñibles no centro de adscrición sexan suficientes para satisfacer a demanda existente, publicarase no taboleiro de anuncios deste centro e comunicaráselle ao centro ou centros de orixe.

2. Neste caso, a reserva adquirirá carácter vinculante e será incompatible coa presentación de solicitude de admisión noutro centro, salvo renuncia expresa e por escrito presentada no centro de adscrición antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

3. A presentación de solicitude de admisión noutro centro estando vinculado por reserva terá a consideración prevista no artigo 34.1.b) desta orde para os efectos de perda da prioridade.

4. Este alumnado deberá formalizar a matrícula en tempo e forma no centro de adscrición.

 

Distribuir contido