Queridas familias: O próximo martes 24 de setembro ás 16:30h celebraremos na aula de ciencias a xuntanza de presentación deste curso escolar, na que vos poremos ao día das novidades en canto á organización e xestión do centro.
A continuación teredes, como en anos anteriores, reunións co profesorado titor nas que vos explicarán máis polo miudo cal vai ser a liña de traballo para cada grupo durante todo o curso.
Agardámosvos!!