Saídas

11M Visita ao mosteiro de Oia: Os monxes gandeiros e os cabalos PRG

in
Álbum: Curso 22-23 -> Visita mosteiro

24M Visita a A Guarda

Álbum: Curso 22-23 -> Saída a A Guarda

19D Visita a O Rosal

Queridas familias:

Ante a previsión de chuvia para a saída do luns decidimos facer os seguintes cambios:

A dirección e o Claustro.

19D Visita a O Rosal

in
19/12/2022 09:00
19/12/2022 14:00
Europe/Madrid

14X Representación de “La Fiesta Escénica” no CEIP Mestre Manuel García en Oia

14/06/2021 11:15
Europe/Madrid

 

QUERIDAS FAMILIAS:

Informámosvos de que fomos invitados/as polo CEIP Mestre Manuel García de Oia a asistir a unha representación de “La Fiesta Escénica” no seu pavillón o luns 14 de xuño ás 11:15h.

 

Ante a actual situación COVID a saída foi levada ao Consello Escolar e as medidas de seguridade sanitaria acordadas foron as seguintes:

MEDIDAS SANITARIAS NO AUTOBÚS

  • Será obrigatorio levar a máscara posta en todo momento.
  • Pediráselle á empresa de transporte o autobús máis longo do que dispoñan (55 prazas)e as ventás estarán sempre abertas para facilitar a ventilación.
  • Farase unha planificación previa da ocupación dos asentos co fin de que cada crianza vaia sentada no mesmo sitio nos dous traxectos e a distancia interpersoal sexa a máxima posible.
  • Co obxectivo de manter separados os dous grupos de convivencia dividirase o autobús en dúas zonas:
    • Grupo A (Infantil - 1ºEP - 2ºEP): Subirá primeiro e pola porta dianteira. Ocupará os asentos próximos á persoa condutora.
    • Grupo B (3ºEP - 4ºEP - 5ºEP - 6ºEP): Subirá pola porta traseira e ocupará os asentos do fondo.

MEDIDAS SANITARIAS CONCERTADAS CO COLEXIO DE OIA

 A representación terá lugar no pavillón ás 11:15h e estará dividido en dous espazos separados: un para nós e outro para un grupo de infantil do colexio de Oia.

 Os nosos grupos de convivencia sentaranse separados.

Un saúdo                                                         A dirección

 AUTORIZACIÓN

 

16X Andaina cara o Pozo do Arco (so para o alumnado)

16/06/2021 09:00
Europe/Madrid

 

QUERIDAS FAMILIAS:

Informámosvos de que o mércores 16 de xuño imos levar a cabo unha andaina que empezará no colexio e rematará no Pozo do Arco. Neste caso vai ser destinada so ás crianzas. Vai ser unha aula da natureza dinámica e está pensada para que cada grupo faga o tramo que poida en función das súas posibilidades.

Grupo Infantil PERCORRIDO

9:30 Saída camiñando cara o Pozo do Arco. Volta antes das 14:00 horas. Distancia que se considere. Actividades. Profesorado María e Nuria.

Grupo de 1ºEP-2ºEP PERCORRIDO

9:20 Saída camiñando cara o Pozo do Arco. Volta antes das 14:00 horas. Distancia que se considere. Actividades. Caderno de campo. Profesorado Faustino e Cristina (AL).

Grupo de 3ºEP-4ºEP PERCORRIDO

9:15 Saída camiñando cara o Pozo do Arco. Volta antes das 14:00 horas. Actividades. Caderno de campo. Profesorado Adriana, Iván (Orientador) e Alfonso

GRUPO DE 5ºEP-6ºEP PERCORRIDO

9:15 Saída camiñando cara o Pozo do Arco. Volta antes das 14:00 horas. Actividades Caderno de campo, carreira de barcos e limpeza de lixo no Pozo do Arco. Profesorado Adriana, Iván e Alfonso.

 

Aula da natureza das Aceñas

1X Andaina pola beira do Tamuxe no Rosal

01/06/2021 09:15
Europe/Madrid

 

QUERIDAS FAMILIAS:

O martes 1 de xuño convidámosvos a compartir con nós esta andaina no Rosal:

IMPRESO DE AUTORIZACIÓN

Grupo A (Infantil-1ºEP-2ºEP) Grupo B (3ºEP-4ºEP-5ºEP-6ºEP)

09:15h Saída en autobús cara O Rosal.

10:00h Chegada á “Casa do Río”.

10:30h Ioga para familias e alumnado (45’)

11:15h Merenda.

11:45h Andaina en dirección ao parque das Aceñas.

12:30h Visita ao muíño das Aceñas. Opcional.

13:00h Volta no autobús á “Casa do Río” e despois ao colexio.

09:15h Saída en autobús cara O Rosal.

10:15h Chegada á desembocadura do Tamuxe e andaina ata as Aceñas.

11:00 Visita ao muíño das Aceñas.

11:30 Merenda e andaina ata a “Casa do Río”.

12:15 Ioga para familias e alumnado (45’)

13:15 Subida a autobús e volta para o colexio

 

Ante a actual situación COVID o Consello Escolar acordou as seguintes MEDIDAS SANITARIAS NO AUTOBÚS:

  • Será obrigatorio levar a máscara posta en todo momento.
  • Pediráselle á empresa de transporte o autobús máis longo do que dispoñan (55 prazas)e as ventás estarán sempre abertas para facilitar a ventilación.
  • Farase unha planificación previa da ocupación dos asentos co fin de que cada crianza vaia sentada no mesmo sitio nos dous traxectos e a distancia interpersoal sexa a máxima posible.
  • Co obxectivo de manter separados os dous grupos de convivencia dividirase o autobús en dúas zonas:
    • Grupo A (Infantil - 1ºEP - 2ºEP): Subirá primeiro e pola porta dianteira. Ocupará os asentos próximos á persoa condutora.
    • Grupo B (3ºEP - 4ºEP - 5ºEP - 6ºEP): Subirá pola porta traseira e ocupará os asentos do fondo.

Un saúdo                                                A dirección

 

17O: Visita á exposición "Sonoro Empeño" de AFundación en Vigo

in
17/10/2019 10:30
17/10/2019 12:00
Europe/Madrid

 

Queridas familias: Estamos organizando a nosa primeira saída do curso. Vai ser unha visita á exposición "Sonoro Empeño" da fundación de ABANCA en Vigo. Haberá dous obradoiros simultáneos:

• "As catro estacións da arte e a música". Visita obradoiro de infantil a 3º de primaria.

• "Das audicións ás sensacións". Visita obradoiro de 4º a 6º de primaria.

 Enviaremos as autorizacións nos próximos días.

 

Pinchade na imaxe.

Visita do alumnado de 6º ao CPI do Rosal

30/05/2019 10:30
30/05/2019 12:50
Europe/Madrid

CPI Manuel Suárez Marquier - 886 12 03 85 - cpi.suarez.marquier@edu.xunta.gal

 

Pinchade na imaxe para ampliala.

Distribuir contido