Festa Escénica en Oia

14X Representación de “La Fiesta Escénica” no CEIP Mestre Manuel García en Oia

14/06/2021 11:15
Europe/Madrid

 

QUERIDAS FAMILIAS:

Informámosvos de que fomos invitados/as polo CEIP Mestre Manuel García de Oia a asistir a unha representación de “La Fiesta Escénica” no seu pavillón o luns 14 de xuño ás 11:15h.

 

Ante a actual situación COVID a saída foi levada ao Consello Escolar e as medidas de seguridade sanitaria acordadas foron as seguintes:

MEDIDAS SANITARIAS NO AUTOBÚS

  • Será obrigatorio levar a máscara posta en todo momento.
  • Pediráselle á empresa de transporte o autobús máis longo do que dispoñan (55 prazas)e as ventás estarán sempre abertas para facilitar a ventilación.
  • Farase unha planificación previa da ocupación dos asentos co fin de que cada crianza vaia sentada no mesmo sitio nos dous traxectos e a distancia interpersoal sexa a máxima posible.
  • Co obxectivo de manter separados os dous grupos de convivencia dividirase o autobús en dúas zonas:
    • Grupo A (Infantil - 1ºEP - 2ºEP): Subirá primeiro e pola porta dianteira. Ocupará os asentos próximos á persoa condutora.
    • Grupo B (3ºEP - 4ºEP - 5ºEP - 6ºEP): Subirá pola porta traseira e ocupará os asentos do fondo.

MEDIDAS SANITARIAS CONCERTADAS CO COLEXIO DE OIA

 A representación terá lugar no pavillón ás 11:15h e estará dividido en dous espazos separados: un para nós e outro para un grupo de infantil do colexio de Oia.

 Os nosos grupos de convivencia sentaranse separados.

Un saúdo                                                         A dirección

 AUTORIZACIÓN

 

Distribuir contido