Coidamos a nosa saúde

Crianzas e coronavirus

Pinchade nas imaxes para agrandalas.

 

 

 

Xogade: Campo a Través 2019

QUERIDAS FAMILIAS:

Informámosvos de que o mércores 4 de decembro o alumnado de 2º, 3º, 4º e 5º de Primaria vai participar nunha proba de atletismo campo a través organizada na praia Ladeira en Baiona polo Servizo Provincial de Deportes de Pontevedra dentro do programa de deporte escolar XOGADE.

Trátase dunha actividade inclusiva e participativa, deseñada de maneira que participa todo o alumnado independentemente da súa idade e da súa capacidade física. O desprazamento a Baiona farase nun autobús que recollerá ás crianzas participantes e ao profesorado acompañante no colexio. A actividade é completamente gratuíta.

Lembrámosvos que ao ser unha proba deportiva van precisar unha mochila pequena con calzado e roupa para cambiarse e a merenda.

 Pinchade na imaxe.

Charla sobre a produción de alimentos ecolóxicos

 

 

Hoxe explicáronnos como se obteñen os produtos ecolóxicos.

 

 

 

Contáronnos o importante que é cultivar a terra utilizando os recursos que nos ofrece a propia natureza como insectos

que comen a pragas ou plantas que as repelen e non os produtos químicos rematados en "cida"

porque contaminan a terra e a auga.

 

 

 Aprendemos tamén que os produtos ecoloxicos de verdade levan dúas etiquetas

para que todo o mundo saiba que foron cultivados sen usar pesticidas nin outros produtos contaminates.

Pinchade nelas.

 

 

 

Tivemos que ir mirando os envases de varios alimentos, buscar as etiquetas para descubrir cales eran ecolóxicos e cales non e facer dous grupos.

 

 

Mentres, os maiores fixeron dúas listas da compra: unha con produtos ecolóxicos e outra sen eles.

Cando fixeron a conta a diferenza de prezo entre unha compra e outra era so dun euro e pouco,

pero ese euro e pouco garantízanos que o que comemos está libre de pesticidas

e doutros produtos contaminates para o medio ambiente.

 

 

Para saber máis pinchade na imaxe da revista.

 

 

 

Podedes descargar un xogo na oca moooi "ecolóxico" pinchando na imaxe.

 

 

Distribuir contido