Coa axuda de sinxelos capturadores de fauna, material de aumento e chaves dicotómicas, realizarase a identificación de invertebrados presentes no composteiro, sinalando a súa función no proceso da compostaxe.
Segundo un novo estudo publicado na revista Scientific Reports por parte de Lauren Roman, estudante de doutoramento de IMAS- CSIRO, e os seus colegas, os globos ou fragmentos de globos son os refugallos mariños con maior probabilidade de causar mortalidade especies mariñas salvaxes, matando a case una de cada cinco das aves mariñas que os inxeriron.
De decembro a marzo é a tempada de lobos mariños na costa norte peninsular, polo que é normal poder atopar un lobo mariño -normalmente un cachorro- na praia, procedente das colonias de cría das illas británicas.
A Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA) é unha ONG galega fundada en 1992, adicada ao estudo e divulgación dos mamíferos e tartarugas mariñas de Galicia, a través da investigación, promovendo e participando en proxectos con institucións estatais e internacionais, e potenciando aspectos divulgativos mediante exposicións, conferencias e cursos.
Este texto definitivo da Declaración Universal dos Dereitos do Animal, foi adoptado pola Liga Internacional dos Dereitos do Animal e as Ligas Nacionais afiliadas trala 3ª Reunión sobre os dereitos do animal, celebrados en Londres do 21 o 23 de setembro de 1977.
Artigo 1º: Todos os animais nacen iguais ante a vida e teñen os mesmos dereitos á existencia.
Artigo 2º: a) Todo animal ten dereito ao respecto. b) As persoas, en tanto que especie animal, non poden atribuírse o dereito de exterminar aos outros animais ou de explotalos violando ese dereito. Ten a obriga de poñer os seus coñecementos ao servizo dos animais. c) Todos os animais teñen dereito á atención, aos coidados e á protección das persoas.
Artigo 3º: a) Ningún animal será sometido a malos tratos nin a actos crueis. b) Se é necesaria a morte dun animal, esta debe ser instantánea, indolora e non xeradora de anguria.
Artigo 4º: a) Todo animal pertencente a unha especie salvaxe, ten dereito a vivir libre no seu propio ambiente natural, terrestre, aéreo ou acuático e a reproducirse. b) Toda privación de liberdade, incluso aquela que teña fins educativos, é contraria a ese dereito.
Artigo 5º: a) Todo animal pertencente a unha especie que viva tradicionalmente no entorno das persoas, ten dereito a vivir e medrar ao ritmo e nas condicións de vida e de liberdade que sexan propias da súa especie. b) Toda modificación do devandito ritmo ou as devanditas condicións que foran impostas polas persoas con fins mercantís, é contraria ao devandito dereito.
Artigo 6º: a) Todo animal que as persoas escolleron como compañeiro, ten dereito a que a duración da súa vida sexa conforme a súa lonxevidade natural. b) O abandono dun animal é un acto cruel e degradante.
Artigo 7º: Todo animal de traballo ten dereito a unha limitación razoable do tempo e intensidade do traballo, a unha alimentación reparadora e ao repouso.
Artigo 8º: a) A experimentación animal que implique un sufrimento físico ou psicolóxico é incompatible cos dereitos do animal, tanto se se trata de experimentos médicos, científicos, comerciais, como toda outra forma de experimentación. b) As técnicas alternativas deben ser utilizadas e desenvolvidas.
Artigo 9º: Cando un animal é criado para a alimentación debe ser nutrido, instalado e transportado, así como sacrificado, sen que disto resulte para el motivo de ansiedade ou dor.
Artigo 10º: a) Ningún animal debe ser explotado para esparexemento das persoas. b) As exhibicións de animais e os espectáculos que se sirvan de animais son incompatibles coa dignidade do animal.
Artigo 11º: Todo acto que implique a morte dun animal sen necesidade é un homicidio, é dicir, un crime contra a vida.
Artigo 12º: a) Todo acto que implique a morte dun gran número de animais salvaxes é un xenocidio, é dicir, un crime contra a especie.b) A contaminación e a destrucióndo ambiente natural conducen ó xenocidio.
Artigo 13º: a) Un animal morto debe ser tratado con respecto.b) As escenas de violencia son vítimas, deben ser prohibidas no cine e na televisión, salvo se eles teñen como fin o dar mostra dos atentados contra os dereitos dos animais.
Artigo 14º: a) Os organismos de protección e salvagarda dos animais, deben ser representados a nivel gobernamental. b) Os dereitos do animal deben ser defendidos pola Lei, como o son os dereitos das persoas.