É os venres que? Os venres? Froita!!

A froita e as verduras son unha alternativa saudable a alimentos que so deberiamos consumir ocasionalmente como por exemplo as salchichas. Son cómodas de preparar, gustan ás crianzas e aguantan sen problemas varios días na neveira. Pero, comparadas coa carne de porco, teñen un 80% máis de graxa, un 35% menos de proteínas e unha ampla variedade de aditivos. FONTE

"A parte de que a maioría desta  salchicha non é carne, hai un ingrediente que se chama 'carne separada mecanicamente' e que é a carne que queda nos ósos unha vez que se quitaron os cortes dese animal", explicou Zamora, engadindo que "esa carne que queda pegada sepárase mecanicamente, faise unha pasta e de aí fabrícanse as  salchichas e os nuggets de polo". Luis Alberto Zamora (Nutricionista)

 

"Desexando unha estrela"

Pinchade na imaxe.

Álbum: Curso 19-20 -> "Desexando unha estrela"

11D Obra de teatro de Infantil "Desexando unha estrela"

Queridas familias:

O próximo mércores 11 de decembro ás 12:30h o alumnado de infantil representará a obra "Desexando unha estrela" no patio cuberto e por suposto estades todas/os convidadas/os.

 

Esta semana almorzamos Auryn

Auryn foi un grupo musical/boyband pop español que foi creado no verán do ano 2009. Componse de cinco membros, David LafuenteDaniel FernándezBlas CantóCarlos Marco e Alvaro Gango os cinco compoñen a maioría dos seus temas e os cinco son vocalistas. O 28 de xullo de 2016, nun comunicado oficial, o grupo anunciou a súa separación.

Os cinco compoñentes teñen experiencia musical, Daniel Fernández representou a España no Festival da canción Junior 2004 quedando en 4º posición, e os demais participaron en programas como Veo veo ou Factor X.

No 2009 formouse a banda en Madrid, o nome "Auryn" fai referencia ao amuleto da obra A historia interminable de Michael Ende. En pouco tempo, a súa música revolucionou Youtube e as redes sociais facendo versións de cancións coñecidas como UmbrellaDéjame etc...

O 18 de outubro de 2011, lanzan o seu primeiro álbum Endless Road, 7050, o cal foi autoproducido sen apoio de produtoras. O disco ponse no alto das listas en España e permanece así durante dous anos.

FONTE: https://gl.wikipedia.org/wiki/Auryn

 

Semana de recollida de xoguetes para "Conrazones"

07/12/2019 09:00
13/12/2019 14:00
Europe/Madrid

Queridas familias:

Ao longo da semana que ven imos levar a cabo a recollida anual de xoguetes para a asociación "Conrazones" da Guarda. Como todos os anos recibiremos a visita de persoas voluntarias que recollerán as vosas aportacións e lles explicaran ás crianzas como é o seu traballo e porque é tan necesario. Se queredes saber un pouco máis da asociación e do labor que realiza pinchade na imaxe.

Xogade: Campo a través

 Refoxeir@s!!  Refoxeir@s!!

Podedes ver os resultados das probas aquí.

Para ver as fotos pinchade na imaxe.

Álbum: Curso 19-20 -> Xogade: Campo a través

Esta semana almorzamos BB King

Riley B. King, nado en Itta Bena, Mississippi, o 16 de setembro de 1925, e finado en Las Vegas o 14 de maio de 2015, foi un cantante e guitarrista de blues.

Nado nunha cachoupa nunha plantación de cotón preto de Berclair, foi criado pola súa avoa materna Elnora Farr en Kilmichael. Adquiriu unha cultura musical básica no coro de gospel da igrexa baptista desa localidade. Traballou como condutor de tractores.

Comezou de guitarra no Famous St. John's Quartet en Inverness, tocando en igrexas e en radios comarcais.

En 1947, B. B. King gravou con RPM Records en Los Angeles. Un dos seus descubridores e produtores foi Sam Phillips, quen máis adiante fundou a fundamental Sun Records.

En febreiro de 1952, acadou o seu primeiro número un no Billboard Rhythm and Blues co tema 3 O'Clock Blues; a partir de aí encadeou unha serie de sucesos de vendas, todos eles ligados ao blues e caracterizados polo xeito singular de tocar a súa guitarra Lucille. Asemade, emprendeu xiras con numerosas actuacións por todo o país. Chegou a crear o seu propio selo discográfico: Blues Boys Kingdom. Máis adiante gravou para ABC, MCA, Reprise/Warner Bros. e Virgin/EMI.

Moi recoñecido polas novas figuras brancas do Rock e do Blues, dende Elvis Presley a U2, pasando polos The Rolling Stones e Eric Clapton, acadou un premio Grammy polo tema The Thrill is Gone, gañou sona internacionais con espectáculos por todo o mundo, incluída Galicia e pertence ao Blues Hall of Fame e ao Rock and Roll Hall of Fame.

FONTE: https://gl.wikipedia.org/wiki/B.B._King

Distribuir contido