ANPA: Comunicado de Benvida

Pinchade para agrandar.

     

Organización Xeral 2023/24

1.Titorías: A persoas que desexen ter unha xuntanza, tanto co profesorado como coa dirección, deberán solicitar previamente unha cita. Preparar unha entrevista persoal require ter tempo para recoller toda a información necesaria polo que non se atenderá a ninguén sen cita previa.

2.Entrega e recollida de alumnado:

a.Co fin de axilizar o máis posible as entregas e recollidas do alumnado ao longo da mañá as familias agardarán xunto a porta de entrada do edificio e deberán traer cuberto o impreso correspondente que poderán atopar na Web escolar no botón “Impresos”.

b.Para evitar accidentes, nos momentos de entrada e saída non poderán entrar no aparcamento coches alleos ao centro e do mesmo xeito non poderá haber ningún coche en movemento arredor dos autobuses escolares.

3.Faltas de asistencia: As faltas de asistencia serán sempre xustificadas por escrito e a poder ser con antelación ás persoas titoras: vía Abalar, a través do impreso de xustificación que poderán atopar na Web escolar no botón “Impresos” ou na axenda escolar.

4.Hábitos de vida saudable: Moitos dos hábitos de vida saudable aprendémolos por imitación polo que pregamos que:

a.Os petiscos de media mañá sexan alimentos o menos procesados posible: froita, froitos secos, bocadillos sinxelos, lácteos con baixo contido de azucre… e que a bebida que traian sexa auga.

b.Non se fume nin dentro do recinto nin na zona onde aparcan os autobuses xa que está prohibido por lei.

5.Refoxos Escola Verde: Ano a ano damos pasos para que o colexio sexa mais sustentable por iso pedimos de novo a colaboración das familias á hora de elixir envases reusables para as pertenzas e as merendas so alumnado.

En Refoxos, a 8 de setembro de 2023

 

A dirección

Nuria Abuín Carou

 

EDUCODS 2030 en Tui

Pinchade na imaxe

16X Xornada de acollida ao novo alumnado

16/06/2023 09:30
16/06/2023 10:30
Europe/Madrid

19X Saída: Escola de Surf "Daccs" en Nigrán

19/06/2023 10:00
Europe/Madrid

Pinchade na imaxe

Distribuir contido