Que é Innovamat?

Queridas familias:

Este curso comezamos a traballar cunha nova lei educativa e cun novo curriculo.

Trae moitas novidades e unha das máis importantes é que a aprendizaxe e a práctica das competencias pasa definitivamente ao primeiro plano.

Precisamos, polo tanto, unha nova didáctica que nos permita presentar os contidos dunha forma máis manipulativa e razonada adaptada ás idades das crianzas.

Por esa razón, o curso pasado, presentamos ao Consello Escolar o programa Innovamat.

Aínda estamos nos primeiros pasos facendo formación continua para poñernos ao dia. Pero hai algo que temos moi claro, o noso principal obxectivo vai ser aprender xunt@s unha nova forma de entender as matemáticas. 

Queremos agradecer de antemán o voso apoio neste gran paso e dicirvos que ante calquera dúbida estamos á vosa disposición nas horas de titoría os martes ás 16:30h previa cita.

 

 

Aula de teatro do concello de O Rosal

in

Queridas familias:

Estes días está a se poñer en marcha unha actividade moi interesante moi preto de nós: a nova Aula de teatro do concello de O Rosal. Aquí tedes toda a información no caso de que esteades interesadas en apoiala e participar.

Pinchade na imaxe

Xustificación faltas de asistencia

Queridas familias:

Facilitámosvos un modelo para xustificar as faltas de asistencia do alumnado. Podedes descargalo pinchando aquí.

Autorización para o uso de imaxes

Queridas familias:

Pregamos que as familias que aínda non entregaron o impreso de autorización do uso de imaxe o fagan canto antes para poder elaborar as listaxes definitivas deste curso. Podedes descargalo aquí.

Actualización de datos de contacto e persoas autorizadas

Queridas familias:

Pregamos que as familias que aínda non entregaron o impreso de actualización de datos e persoas autorizadas o fagan canto antes para poder elaborar as listaxes definitivas deste curso. Podedes descargalo aquí.

Entrega e recollida do alumnado

A persoa que acompañe ou veña recoller ao alumnado deberá:

  • Avisar con antelación sempre que sexa posible.
  • Traer cuberto o impreso “Rexistro de entradas e saidas do alumnado”. No caso de ser unha persoa autorizada polos responsables da crianza deberá vir cuberto na súa totalidade.

 

Visita a Cíes

Álbum: Curso 21-22 -> Visita a Cíes
Distribuir contido