Novas

24O Folga xeral do profesorado

in

Estimadas familias:

Como xa saberedes polos medios de comunicación, hai convocada unha folga xeral do profesorado para o martes 24 de outubro.

Informámosvos de que existe a posibilidade de que parte do profesorado do centro a secunde pero que, tal e como marca a lei, o colexio permanecerá aberto no seu horario habitual para garantir o normal desenvolvemento dos servizos mínimos.

Un saúdo

A dirección

31O Samagosto

31/10/2023 09:00
Europe/Madrid

  

Estimadas familias:

O martes 31 de outubro imos celebrar o noso “Samagosto”.

Para ese día imos necesitar que as crianzas traian unha manadiña de castañas picadas e quen poida piñas e carozos para o lume.

Precisaremos tamén a vosa axuda para o asado das castañas. Se tedes tempo ese día, e podedes vir, chamade ao 886 11 04 92.

As crianzas deberán vir disfrazadas e maquilladas da casa.

Un saúdo e grazas

A dirección e o Claustro

- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - 

Estimadas familias:

El martes 31 de octubre vamos a celebrar nuestro “Samagosto”.

Para ese día vamos a necesitar que el alumnado traiga unas pocas castañas pinchadas y quien pueda piñas y carozos para el fuego.

Vamos a necesitar también vuestra ayuda para el asado de las castañas. Si tenéis tiempo ese día y podéis venir llamad al 886 11 04 92.

El alumnado deberá venir disfrazado y maquillado de casa.

Un saludo y gracias

La dirección y el Claustro

8S Xuntanza Familias Infantil

08/09/2023 10:00
Europe/Madrid

EDUCODS 2030 en Tui

Pinchade na imaxe

16X Xornada de acollida ao novo alumnado

16/06/2023 09:30
16/06/2023 10:30
Europe/Madrid

Campamentos Xunta 2023

in

Pinchade na imaxe 

17F Festa de Entroido

Queridas familias:

O tema do proxecto que temos en marcha este curso é a ALIMENTACIÓN SAUDABLE polo que os disfraces de Entroido das crianzas deberán ter relación coa cociña, as receitas e os alimentos que son bos para coidar a saúde e nos aportan benestar.

Estades convidadas a participar na festa que empezará ás 11:30h. Se vos animades podedes vir disfrazadas e aportar doces tipicos destas datas para compartir. Degustaremos tamén os pratos preparados polas crianzas nas aulas durante a primeira parte da mañá.

Os mandados do Meco comezarán como todos os anos o luns desa semana. Non é obrigatorio participar, polo que vos pregamos que deixedes ese tema nas mans das crianzas. 

 

Distribuir contido