Queridas familias:
Coa chegada do período de inscrición na escola estades a piques de tomar unha decisión importante para os vosos fillos e fillas.
Non é tarefa fácil deixar aos vosos pequechos e pequechas por primeira vez na escola. É normal ter dúbidas.
Por iso queremos convidarvos a que coñezades a escola, nos coñezades a nós e sobre todo coñezades de primeira man o que aquí facemos, como imos traballar cos vosos pequenos e pequenas e que vexades cos vosos ollos que formamos unha gran familia.
Unha gran familia onde todos coñecen a todos, onde os maiores protexen e coidan dos pequenos e onde facemos da natureza unha ferramenta máis na procura de que os vosos fillos e fillas se desenvolvan da mellor maneira posible.
Pois pola nosa parte nada máis, agardámosvos o mércores 28 de febreiro ás 12:00h sen compromiso.
A decisión última é vosa e seguro que será a acertada.
Agardámosvos con moitísima ilusión
Un saudiño