Samaín Terrorífico

31O Samagosto

31/10/2023 09:00
Europe/Madrid

  

Estimadas familias:

O martes 31 de outubro imos celebrar o noso “Samagosto”.

Para ese día imos necesitar que as crianzas traian unha manadiña de castañas picadas e quen poida piñas e carozos para o lume.

Precisaremos tamén a vosa axuda para o asado das castañas. Se tedes tempo ese día, e podedes vir, chamade ao 886 11 04 92.

As crianzas deberán vir disfrazadas e maquilladas da casa.

Un saúdo e grazas

A dirección e o Claustro

- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - 

Estimadas familias:

El martes 31 de octubre vamos a celebrar nuestro “Samagosto”.

Para ese día vamos a necesitar que el alumnado traiga unas pocas castañas pinchadas y quien pueda piñas y carozos para el fuego.

Vamos a necesitar también vuestra ayuda para el asado de las castañas. Si tenéis tiempo ese día y podéis venir llamad al 886 11 04 92.

El alumnado deberá venir disfrazado y maquillado de casa.

Un saludo y gracias

La dirección y el Claustro

30 O "Samagosto"

30/10/2020 09:00
Europe/Madrid

 

 

29O Obradoiros de cociña terrorífica

29/10/2019 09:30
Europe/Madrid
   

Debuxos de meeedooo

 

Pinchade na imaxe.

Álbum: Curso 19-20 -> Samaín Infantil

"Samagosto" Refoxeiro

Queridas familias: Este ano imos celebrar o "Samagosto" en dous días e os dous días estades convidadas a achegarvos ao cole e participar nos obradoiros e nas actividades. A programación vai ser a seguinte:

 

Martes 29: 

09:30h Inicio dos obradoiros de cociña: “Minipizzas Terroríficas” con Heidi, “Salchichas Momia Arrepiante” con Cristina, “Vasoiras de Bruxa” con Alfonso e “NatiFrank” con Faustino. Faremos grupos con crianzas de todas as idades que irán pasando por todos os obradoiros.

10:00h Primeiro cambio.

10:30h Segundo cambio.

11:00h Terceiro cambio.

11:30h Degustación compartida no patio cuberto dos pratos cociñados.

   12:30h Presentación da historia de “Jack O’Lantern” polo grupo de 3º e 4º.

   

  Mércores 30  

   09:00h Almorzamos musica terrorífica.

09:20h Lectura pública dos relatos de medo elaborados polo alumnado.

10:30h Desfile de disfraces no patio cuberto.

11:30h Magosto. 

12:30h Baile e xogo libre.

   13:00h Queima de medos (escribirán nun papel os seus medos máis grandes para tiralos ás brasas das castañas) e milladoiro (decorarán pedras con runas e o día da festa faremos un milladoiro dentro do tronco da “Árbore Coello”).

 

Isadora Moon

Pincha na imaxe

Mortiña de Barbara Cantini

Mortiña é unha nena, pero non é como as demais: é unha nena zombi. Vive en Vila Decadente coa súa tía Defuntiña e o seu inseparable Tristeiro, un can que non se sabe se está vivo ou morto. A Mortiña encantaríalle ter amigos da súa idade cos que xogar e divertirse, pero a súa tía prohibiulle deixarse ver: podería asustar a xente. Un día preséntaselle unha oportunidade única: a festa de Halloween! Mortiña nin sequera ten que disfrazarse… Pero que pasará cando os demais nenos descubran que non leva máscara?

Preparando o Samagosto

 

 

Moitísimas grazas a todas as persoas que vos achegáchedes a botar unha man coa ambientación da infobiblio. 

Distribuir contido