E. Infantil

24O Día das bibliotecas: Busca do tesouro Infantil

Álbum: Curso 21-22 -> Busca do tesouro en Infantil

5 ANOS

RECOMENDACIÓNS PARA O VERÁN

 

5 ANOS

 

Xa están aquí as vacacións! Despois dun curso no que traballamos todo o que puidemos, agora tócanos descansar. Lémbrovos algunhas recomendacións para o verán:

 

  • Adicar máis tempo para estar con vosas/vos fillas/vos, realizar diversas actividades xuntos. Falar  moito con eles de temas variados, explicándolles as cousas. Gústalles coñecer o porque das cousas e teñen capacidade para entendelas perfectamente, utilicemos un linguaxe normal, non de bebé. É importante escoitalos pero tamén que vos escoiten con atención.
  • Que os nenos vaian adquirindo máis autonomía e fagan sos aquelas tarefas que son capaces de facer: vestirse e espirse, comer, axudar en tarefas de casa (recoller as súas cousas,  barrer, poñer a mesa, recoller os seus xoguetes e a súa roupa...).
  • Afacerse a esperar, non se pode satisfacer as súas necesidades ou desexos no mesmo momento.
  • Falar en voz baixa, non por berrar se lles vai facer máis caso.
  • Seguir co bo hábito de ler todos os días un conto antes de ir á cama ou en calquera outro momento que vos vaia ben. Lerlles todo tipo de libros, xornais, revistas, receitas, dicionarios, publicidade... Aproveitade para visitar a Biblioteca pública e ver novos contos.
  • Sería ideal que tiveran unha libreta, exclusivamente, para facer as actividades de verán que se especifican nos seguintes apartados.
  • Realizar traballos de plástica con distintos materiais (papeis, ceras, témpera…), empregar as tesoiras, pegar, rasgar, facer collage, facer debuxos libres ou con temáticas intentando que lles poñan un título ou nome. Cando fagan debuxos de persoas, intentade que sexan conscientes das partes que lle faltan (cellas, pestanas, labios, tronco, pescozo, pes, dedos...).
  • Escribir o nome propio,  apelidos, a data ou  o día da semana no que nos atopamos, repasar maiúsculas e minúsculas, intentar facer os trazos das minúsculas (comezando polas vogais)... buscar letras en revistas, folletos de publicidade e formar palabras ou intentar adiviñar que pon... Xogar a palabras “que empecen por” ou buscar palabras/nomes que comecen ou rematen polo mesmo son. Memorizar cancións, adiviñas, poemas,  trabalinguas... Escribirlle cartas á familiares e amigos...
  •  

    Repasar os números procurando que os escriban ben, ver números en botes, matrículas... pensar cal é maior e menor, onde hai máis ou menos, contar, facer agrupacións...

  • Facer sumas e restas moi sinxelas Ex.: “tes dúas cereixas e vouche a dar outras dúas, cantas crees que vas comer ? e agora se che quito unha, cantas che quedan?” Intentar plasmar na libreta o símbolo + e =.
  • Xogar a tres en raia, a  oca, parchís, cartas, dominó, saltar a corda, chapas, vexo vexo, birlos,...
  • Facer actividades motrices: correr, saltar, nadar, camiñar... todo vale!

 

TAMÉN SERÁ  MOI IMPORTANTE:

 

Xogar, rir, ensuciarse, mollarse, bailar,  escoitar música, romper un pouco a rutina, inventar, soñar, imaxinar, experimentar, compartir, durmir, axudar, nadar, brincar, pasear, gozar da natureza e desfrutar da familia e d@s amig@s!!

 

 

 

FELIZ VERÁN e A DISFRUTADE DE E CON ELAS/ES!

 

4 ANOS

RECOMENDACIÓNS PARA O VERÁN

 

4 ANOS

 

 

 

Este ano traballaron moito e agora toca… VACACIÓNS. Lembrámosvos que o verán é para XOGAR e DESCANSAR das tarefas escolares e recuperar forzas de fronte ao ano que vén. Por iso, recomendámosvos unha serie de actividades que poden axudar aos nenos a non esquecer o aprendido, e que verán como un xogo.

 

  • Contos: lerlles, deixar que sexan eles quen nolo “lea”, inventar historias, cambialas, debuxalas. É moi importante que todos os días léaselles un conto aproveitádevos da biblioteca pública para conseguir novos libros.
  • Letras: buscar letras en contos, revistas, carteis, etiquetas, roupa,… adiviñar que pon, como se escribe, copiar palabras, escribir a fecha, o nome, nome con apelidos… podedes buscar unha libreta para facer as actividades de verán.
  • Números: contar obxectos habituais (froita, xoguetes, toallas, camisetas,…) no día a día (cando se garda a roupa ou os xoguetes, cando imos comprar,…). Ver números en etiquetas, botes de crema, almanaque, números de teléfonos, números de portas, matrículas,… Escribilos.
  • Facer sumas sinxelas coas cousas: Ex.: “tes dúas cereixas e vouche a dar outras dúas, cantas crees que vas comer ?”
  • Plástica: recortar con tesoiras cousas de revistas (fotos, letras), pegar, facer colaxe, plastilina,  colorear con diferentes materiais, debuxar, rasgar, colorear, debuxar libremente…
  • Xogos de mesa e/ou tradicionais:  oca, dominó, cartas de familias, crebacabezas, construcións, vexo vexo, pelota, chapas, corda, birlos…
  • Falar  moito con eles de temas variados, explicándolles as cousas. Gústalles coñecer o porque das cousas e teñen capacidade para entendelas perfectamente, utilicemos un linguaxe normal, non de bebé. É importante escoitalos pero tamén que vos escoiten con atención.
  • Afacerse a esperar, non se pode satisfacer as súas necesidades ou desexos no mesmo momento.
  • Atención e memoria: adiviñas, aprender cancións, vexo-vexo,…
  • Darlle autonomía nas actividades diarias: son capaces de facer moitas máis cousas das que nos imaxinamos, facer a cama, limpar, recoller a mesa, axudar no xardín, recollela roupa e os seus xoguetes…
  • Que non se esqueza de saudar, despedirse, solicitar “por favor”, dar as “grazas”.
  • Facer actividades motrices: correr, saltar, nadar, camiñar... todo vale!

 

TAMÉN SERÁ  MOI IMPORTANTE:

 

Xogar, rir, ensuciarse, mollarse, bailar, escoitar música, romper un pouco a rutina, inventar, soñar, imaxinar, experimentar, compartir, durmir, axudar, nadar, brincar, pasear, gozar da natureza e desfrutar da familia e d@s amig@s!!

 

 

 

FELIZ VERÁN e A DISFRUTADE DE E CON ELAS/ES!

 

3 ANOS

RECOMENDACIÓNS PARA O VERÁN

3 ANOS

 

Estimadas familias, aquí vos deixo algunhas pistas para xogar e traballar coas vosas nenas e  nenos este verán.

APROVEITADE  ALGUNHAS SITUACIÓNS PARA:

  • Contar obxectos, animais,… (Utilizar os números).
  •  Falar da cor das cousas.
  • Ver que as cousas se parecen ás figuras: cadrado, círculo, triángulo.
  • Descubrir os tamaños das cousas, animais e persoas: grandes, medianos, pequenos (comparando unhas cousas con outras).
  • Falar do seu corpo: partes, hixiene, coidados e pezas de vestir.
  • Observar o tempo.
  • Debuxar moito e libremente (poden ter unha libreta para todas estas cousas).
  • Ver e ler contos, con e sen axuda.
  • Contar, aprender poesías, adiviñas…

XOGADE  A XOGOS TRADICIONAIS:

  • Saltar á corda.
  • Construcións.
  • Pelota.
  • Birlos.
  • Cartas de familias.
  • Quebracabezas.
  • Vexo, vexo.
  • Chapas.

É UN BO MOMENTO PARA:

  • Cortar con tesoiras, rachar, engurrar papel.
  • Pintar e  colorear, Facer plastilina.
  • Repasar camiños e figuras.
  • Facer debuxos e dicir que fixemos.
  • Escribir as letras do seu nome.
  • Facer o 1, 2, 3... ata onde poidan e SEN PRESIÓN!
  • Facer actividades motrices: correr, saltar, nadar, camiñar... todo vale!

E NON DEIXEDES DE LER E CONTAR CONTOS:

  • Empregade  o servizo de Biblioteca para ler diferentes contos.
  • Que lle sinale cousas dos contos.
  • Que conte o conto el ou ela, Que lle fale dos personaxes, Que é o que máis lle gustou.
  • Vestíndose e espíndose só, ensinarlle a  asearse só, aínda que nós esteamos sempre diante.
  • Déixalle que coma só/a, agora temos tempo, pero non deixedes que se eternice comendo. Que probe novas comidas.
  • Que axude a algunha tarefa da casa.
  • Que escoite . Temos tempo para explicarlles ben as cousas e tamén para que cumpra as súas promesas e as súas tarefas.
  • Que non se esqueza de saudar, despedirse, solicitar “por favor”, dar as “grazas”.

TAMÉN SERÁ MOI IMPORTANTE:

Xogar, rir, ensuciarse, mollarse, bailar, escoitar música, romper un pouco a rutina, inventar, soñar, imaxinar, experimentar, compartir, durmir, axudar, nadar, brincar, pasear, gozar da natureza e desfrutar da familia e d@s amig@s!!

 

 

FELIZ VERÁN e A DISFRUTADE DE E CON ELAS/ES!

Os 3 porquiños en Infantil

Compañeiros de Entroido en infantil

 

O entroido hai ben de tempo que chegou á aula de infantil

 
 
 
Pincha na imaxe inferior para ver as fotos.
Álbum: Curso 19-20 -> Mural entroido galego

Autorretratos

Pincha na imaxe para ver máis debuxos.

Álbum: Curso 19-20 -> Autorretratos de infantil

Chegou o inverno á aula de infantil

Pinchade na imaxe para ver máis debuxos.

Álbum: Curso 19-20 -> Inverno en infantil
Distribuir contido