blogue denuriabuin

10 Mini trucos para regalar felicidade - Santiago Moll Vaquer

1. Saudar polo nome. Non é suficiente con saudar. Hai que saudar ás persoas polo seu nome. Hai que aprender a personalizar. Fíxate na diferenza entre un Bos días e un Bos días, Ana.

2. Realizar un acto de bondade. Un acto de bondade non é un favor. É unha acción insignificante que realizas cara a unha persoa de xeito totalmente altruísta e desinteresada. Por exemplo, recoller un papel do chan que lle caeu a un/ha compañeir@.

3. Ser educad@. Canto máis educad@ sexas, máis feliz farás aos que te rodean. Pouca xente relaciona ser educado coa felicidade e a min paréceme algo esencial. Por exemplo, non interrompas mentres outra persoa fala, cede o paso a un/ha compañeir@. Son xestos que pouco a pouco afondan nas persoas.

4. Asentir coa cabeza. É importante que, cando unha persoa che fale, te centres exclusivamente nela. Debe notar que é o centro de atención, que nos importa o que nos está a dicir, que o deixamos todo de lado para centrarnos nesta persoa. Míra@ aos ollos, e non fagas nada máis. Esquécete de móbiles, pantallas de ordenador, de todo aquilo que nese momento esteas a facer.

5. Xerar seguridade. Moita xente que nos rodea é tremendamente insegura. E a inseguridade é algo que resta felicidade ás persoas. Dar seguridade a estas persoas non hai máis que xerar confianza e, por ende, felicidade. Non hai que confundir nunca dar seguridade con dar a razón.

6. Ser positiv@. Ser positiv@ implica unha actitude ante a vida e ante as persoas fundamental. É moi importante dar unha visión positiva do noso ámbito, sen por iso perder a obxectividade, a realidade que nos rodea. A vida debe consistir para ti en mirar a botella sempre medio chea e proxectar esa idea cara aos demais.

7. Interesáte pola xente. Eu sempre distingo entre ser un interesado e interesarte pola xente. Cando te interesas pola xente estás a traballar a empatía, cédeslle o protagonismo á outra persoa e creas un vínculo con ela. Para interesarte pola xente é importante que fagas sempre preguntas abertas e que lle permitan á outra persoa non explicar algo, senón contar algo como, por exemplo, Ana, queres contarme o que pasou onte?



8. Sorrir. O sorriso é a irmá da felicidade e ademais o único efecto secundario é que é tremendamente contaxioso. A xente sempre se rodea das persoas que sorrín porque lles transmiten felicidade, paixón e entusiasmo pola túa vida.

9. Ser agradecid@. En ocasións hai que proxectar a felicidade cara nós mesmos para lanzala logo cara ás persoas. Debes ser agradecido e ir máis alá dun simple grazas. Cando agradezas algo, tamén debes personalizalo e verbalizalo. Por exemplo, estou moi agradecido, Ana, por invitarme á festa que celebrarás este sábado. Fíxome moita ilusión.

10. Celebrar os éxitos da xente. Hai que alegrarse polos éxitos dos demais. Debemos ceder un espazo para que os demais sexan capaces de celebrar os seus éxitos e que, cando os logren, saiban que estamos do seu lado e que nos alegramos de corazón por iso. Neste último truco a felicidade debe ser máis recíproca que nunca. E non esquezas verbalizar o éxito, dicirllo de palabra como, por exemplo, Doute o meu máis sincero parabén, Ana. É un orgullo terte como compañeira.

 

As nenas e os nenos teñen dereito a non dar bicos nin apertas se non queren facelo

O máximo que se lle pode solicitar a un neno ou a unha nena é que trate aos outros con respecto, pero nunca que faga demostracións soamente por contentar á devandita persoa ou ao adulto que llo indica, eles e elas deben ter sempre o control das eleccións no referente ao seu corpo e á forma na que interactúan cos outros, xa que mentres máis rápido asimilen que teñen o total dereito de decidir que facer e con quen, mellor será o seu desenvolvemento persoal e máis positiva a súa visión sobre se mesmos, aprendendo a respectarse e a coidarse sempre, sen importar o que digan os outros, algo que aínda que pareza simple nunha situación cotiá de dálle “un bico á tía ou se poñerá triste”, en realidade ten un significado realmente importante en canto a non deixar paso á manipulación, á obrigación ou ao condicionamento.

 

Coplas do Apalpador - Xabier Dias

A historia do Apalpador

O Apalpador: Canción e baile

E há de vir o Apalpador

Entrevista ao Apalpador

Distribuir contido