Unha camiseta branca básica por dous euros é barata. Por iso, cando unha máquina expendedora de cor rechamante situada no centro de Berlín ofrecía as pezas por ese prezo, moitos dos que estaban alí achegáronse e meteron unha moeda. O que acontece despois é o que amosa este vídeo. En vez de caer a camiseta, acendeuse unha pantalla que mostraba un vídeo e a seguinte mensaxe:
"Coñece a Manisha, unha das millóns de persoas que fan a nosa roupa barata por menos de 13 centimos á hora, durante 16 horas ao día. Aínda queres comprar esta camiseta por 2 euros? ". Despois diso, @s compradores podían elixir se comprar a camiseta ou doar o diñeiro.
Ante semellante golpe emocional, o estrano é que alguén elixa comprar.
Segundo un novo estudo publicado na revista Scientific Reports por parte de Lauren Roman, estudante de doutoramento de IMAS- CSIRO, e os seus colegas, os globos ou fragmentos de globos son os refugallos mariños con maior probabilidade de causar mortalidade especies mariñas salvaxes, matando a case una de cada cinco das aves mariñas que os inxeriron.
Hoxe fixemos a última sesión do traballo de observación e rexistro do proceso de xerminación de tres tipos de sementes que comezamos en xaneiro: garavanzos, fabas e lentellas. Fixeramos dous grupos a un botaramoslle un pouco de auga (A) e ao outro non (B). As diferenzas foron significativas.