Consumo Responsable

Escola Verde: Que hai detrás da roupa barata? Mira sempre a etiqueta

Unha camiseta branca básica por dous euros é barata. Por iso, cando unha máquina expendedora de cor rechamante situada no centro de Berlín ofrecía as pezas por ese prezo, moitos dos que estaban alí achegáronse e meteron unha moeda. O que acontece despois é o que amosa este vídeo. En vez de caer a camiseta, acendeuse unha pantalla que mostraba un vídeo e a seguinte mensaxe:

"Coñece a Manisha, unha das millóns de persoas que fan a nosa roupa barata por menos de 13 centimos á hora, durante 16 horas ao día. Aínda queres comprar esta camiseta por 2 euros? ". Despois diso, @s compradores podían elixir se comprar a camiseta ou doar o diñeiro.

Ante semellante golpe emocional, o estrano é que alguén elixa comprar.

Distribuir contido