Un inesperado encontro cun Tiburón Peregrino (Basking shark) en augas galegas. Na costa de Montelouro (Louro, A Coruña). Un exemplar novo de tan só uns 3m (pode chegar a 10-12m) co que puidemos bucear un anaco mentres en se alimentaba filtrando plancton. Despois duns 20min con el deixámolo tranquilo para que seguise o seu camiño a mar aberto.