Coidamos a nosa saúde

Fixemos un doce de marmelo cos marmelos da árbore do patio

A profe Carmen trouxo un robot de cociña que fai de comer case case so. Explicounos un pouco como funcionaba e ale... púxemonos mans á obras nun chiscar de ollos:

 

Pinchade nas imaxes para agrandalas

 

 Limpamos un pouco os froitos por fóra.

 

 

 A profe colleu un coitelo grande e quitoulles a pel, cortounos en anaquiños e déunolos a probar... non volos recomendamos nada nadiña.  

 

 

 Aquí están os cinco aínda que non o pareza.

 

 

 Tamén pelou dous limóns que colleu con Marta na Área da Natureza.

 

 

 Ao rematar, limpamos a mesa e puxemos todos os ingredientes á man.

 

 

 

 

  A profe amosounos os mandos do robot.

 

 

 E enchémolo entre todas/os.

 

 

 Tamén botamos os limóns.

 

 

 E a máquina ela soa bateu todo xunto.

 

 

 Nese momento engadímoslle o azucre.

 

 

 Ao final semellaba unha papilla como as dos bebés.

 

 

 So quedaba programar o robot para que quentase e cociñase a mistura.

 

 

 Mentres agardabamos deunos tempo a colorear os debuxos de todo o que usamos e incluso a poñerlles o nome completando as letras que faltaban e a ordenalos con números.

 

 

 

 E aquí o tedes. Non se parece en nada á papilla que a profe puxo a cocer, a que non ?

 

 

 So nos faltaba unha cousa... encher os táper para que collese a forma e enfriase a modo antes de metelos na neveira.

 

 

 

 

 

 

 

 

"Voy a comprar mentiras" - José Manuel López Nicolás

As industrias alimentaria e cosmética levan moitos anos confundindo aos cidadáns ao utilizar nas súas estratexias publicitarias argumentos supostamente científicos que, en realidade, carecen de rigor desde o punto de vista da ciencia. A utilización destes eslóganes enganosos pode ter repercusións tanto para o peto como para a saúde dos cidadáns.

Distribuir contido