|
INGREDIENTES
- 1 berenxena grande ou 2 medianas - 1 cebola pequena - 2 ou 3 dentes de allo - 2 culleradas de tahin (opcional) - O zume de 1/2 limón - 4 culleradas aceite de oliva - 1 pouco de perexil - 1 cullerada de comiño moído - Sal e pementa |
Pelamos e cortamos a cebola. Lavamos as berenxenas e cortámolas en anaquiños (canto máis pequenos piquemos os ingredientes antes se fará o paté).
Poñemos a quentar o aceite nunha tixola e fritimos a cebola e a berenxena. Imos removendo para que non se peguen ao fondo.
Cando estea todo ben pochado pasámolo a un recipiente para o batedor e batémolo todo xunto co resto de ingredientes: o allo e o perexil picados, o zume de limón, o comiño, o sal e a pementa.
Podemos servilo para untar xunto con pan tostado ou pan de pita.