1X Andaina pola beira do Tamuxe no Rosal

01/06/2021 09:15
Europe/Madrid

 

QUERIDAS FAMILIAS:

O martes 1 de xuño convidámosvos a compartir con nós esta andaina no Rosal:

IMPRESO DE AUTORIZACIÓN

Grupo A (Infantil-1ºEP-2ºEP) Grupo B (3ºEP-4ºEP-5ºEP-6ºEP)

09:15h Saída en autobús cara O Rosal.

10:00h Chegada á “Casa do Río”.

10:30h Ioga para familias e alumnado (45’)

11:15h Merenda.

11:45h Andaina en dirección ao parque das Aceñas.

12:30h Visita ao muíño das Aceñas. Opcional.

13:00h Volta no autobús á “Casa do Río” e despois ao colexio.

09:15h Saída en autobús cara O Rosal.

10:15h Chegada á desembocadura do Tamuxe e andaina ata as Aceñas.

11:00 Visita ao muíño das Aceñas.

11:30 Merenda e andaina ata a “Casa do Río”.

12:15 Ioga para familias e alumnado (45’)

13:15 Subida a autobús e volta para o colexio

 

Ante a actual situación COVID o Consello Escolar acordou as seguintes MEDIDAS SANITARIAS NO AUTOBÚS:

  • Será obrigatorio levar a máscara posta en todo momento.
  • Pediráselle á empresa de transporte o autobús máis longo do que dispoñan (55 prazas)e as ventás estarán sempre abertas para facilitar a ventilación.
  • Farase unha planificación previa da ocupación dos asentos co fin de que cada crianza vaia sentada no mesmo sitio nos dous traxectos e a distancia interpersoal sexa a máxima posible.
  • Co obxectivo de manter separados os dous grupos de convivencia dividirase o autobús en dúas zonas:
    • Grupo A (Infantil - 1ºEP - 2ºEP): Subirá primeiro e pola porta dianteira. Ocupará os asentos próximos á persoa condutora.
    • Grupo B (3ºEP - 4ºEP - 5ºEP - 6ºEP): Subirá pola porta traseira e ocupará os asentos do fondo.

Un saúdo                                                A dirección

 

AdxuntoTamaño
01 Autorización Saída Andaina Aceñas.pdf107.39 KB