Andainas refoxeiras

Día da familia: Andaina polo Esteiro do Miño

Queridas familias:

A temporalización para a andaina de mañá vai ser:

  • 10h Inicio na igrexa de San Lourenzo de Salcidos.
  • 11:30h Merenda na zona do observatorio ornitolóxico.
  • 13h Remate no porto da Pasaxe.

As crianzas van ir con nós no autobús, pero tamén podedes traelas vós ao punto de encontro. Se ao finalizar queredes levalas xa con vós deberedes traer cuberto este impreso.

Un saúdo

A dirección e o Claustro.

16X Andaina cara o Pozo do Arco (so para o alumnado)

16/06/2021 09:00
Europe/Madrid

 

QUERIDAS FAMILIAS:

Informámosvos de que o mércores 16 de xuño imos levar a cabo unha andaina que empezará no colexio e rematará no Pozo do Arco. Neste caso vai ser destinada so ás crianzas. Vai ser unha aula da natureza dinámica e está pensada para que cada grupo faga o tramo que poida en función das súas posibilidades.

Grupo Infantil PERCORRIDO

9:30 Saída camiñando cara o Pozo do Arco. Volta antes das 14:00 horas. Distancia que se considere. Actividades. Profesorado María e Nuria.

Grupo de 1ºEP-2ºEP PERCORRIDO

9:20 Saída camiñando cara o Pozo do Arco. Volta antes das 14:00 horas. Distancia que se considere. Actividades. Caderno de campo. Profesorado Faustino e Cristina (AL).

Grupo de 3ºEP-4ºEP PERCORRIDO

9:15 Saída camiñando cara o Pozo do Arco. Volta antes das 14:00 horas. Actividades. Caderno de campo. Profesorado Adriana, Iván (Orientador) e Alfonso

GRUPO DE 5ºEP-6ºEP PERCORRIDO

9:15 Saída camiñando cara o Pozo do Arco. Volta antes das 14:00 horas. Actividades Caderno de campo, carreira de barcos e limpeza de lixo no Pozo do Arco. Profesorado Adriana, Iván e Alfonso.

 

Aula da natureza das Aceñas

1X Andaina no Rosal

Pnchade na imaxe para ver todas as fotos.

Álbum: Curso 20-21 -> Andaina no Rosal

1X Andaina pola beira do Tamuxe no Rosal

01/06/2021 09:15
Europe/Madrid

 

QUERIDAS FAMILIAS:

O martes 1 de xuño convidámosvos a compartir con nós esta andaina no Rosal:

IMPRESO DE AUTORIZACIÓN

Grupo A (Infantil-1ºEP-2ºEP) Grupo B (3ºEP-4ºEP-5ºEP-6ºEP)

09:15h Saída en autobús cara O Rosal.

10:00h Chegada á “Casa do Río”.

10:30h Ioga para familias e alumnado (45’)

11:15h Merenda.

11:45h Andaina en dirección ao parque das Aceñas.

12:30h Visita ao muíño das Aceñas. Opcional.

13:00h Volta no autobús á “Casa do Río” e despois ao colexio.

09:15h Saída en autobús cara O Rosal.

10:15h Chegada á desembocadura do Tamuxe e andaina ata as Aceñas.

11:00 Visita ao muíño das Aceñas.

11:30 Merenda e andaina ata a “Casa do Río”.

12:15 Ioga para familias e alumnado (45’)

13:15 Subida a autobús e volta para o colexio

 

Ante a actual situación COVID o Consello Escolar acordou as seguintes MEDIDAS SANITARIAS NO AUTOBÚS:

  • Será obrigatorio levar a máscara posta en todo momento.
  • Pediráselle á empresa de transporte o autobús máis longo do que dispoñan (55 prazas)e as ventás estarán sempre abertas para facilitar a ventilación.
  • Farase unha planificación previa da ocupación dos asentos co fin de que cada crianza vaia sentada no mesmo sitio nos dous traxectos e a distancia interpersoal sexa a máxima posible.
  • Co obxectivo de manter separados os dous grupos de convivencia dividirase o autobús en dúas zonas:
    • Grupo A (Infantil - 1ºEP - 2ºEP): Subirá primeiro e pola porta dianteira. Ocupará os asentos próximos á persoa condutora.
    • Grupo B (3ºEP - 4ºEP - 5ºEP - 6ºEP): Subirá pola porta traseira e ocupará os asentos do fondo.

Un saúdo                                                A dirección

 

Distribuir contido