Saídas

26M Visita a Naturnova en Vigo

Ás 10:00h

NATURNOVA para Infantil 1º 2º.

O Bosquedas Estacións: Visitan Vestíbulo + Submarino. Por que son tan importantes os nosos bosques? Cales son as estacións e en que se diferencian? Como van cambiando as nosas árbores con elas? Aprenderemos todo isto do xeito máis divertido: mediante contos e xogos.

 

ARTE para 3º 4º 5º 6º.

 

Xogo de pistas sobre a colección de arte. Está clasificada en latexos: a historia… a paisaxe…. o humor…. e ao seu remate un obradoiro no que teñen que atopar o seu “latexo”, a súa motivación, o seu interese e facer un traballo artístico téndoo en conta.

 

 

Ás 11:00h

MERENDA.

 

 

Ás 11:30h

NATURNOVA Desafío Naturnova para 3º 4º 5º 6º

Con ficha de traballo. Visitan todo o museo. Gozan cos módulos interactivos do centro e resolven o desafío que lles propón a mascota Pintafontes.

 

ARTE para Infantil 1º 2º. 

Visita conto na que teñen que axudar a Pintafontes a “facerse amigo” das novas obras tras a renovación da exposición. Ao remate teñen un obradoiro que se chama “Operación Tormenta”. Utilizan pintura e un matamoscas para facer as súas propias obras de arte.

Saída para visitar a exposición "Os Guerreiros de Xi'an" en Vigo

in
17/02/2017 09:00
Europe/Madrid

Pincha na foto

Navegantes expertos

in

As vacacións están cada día máis preto, estas son as fotos da saída que fixemos a Vigo. Convertémonos por un día en mariñeiros, guiamos un barco, puxemos os chalecos salvavidas e mirade se somos navegantes expertos que ninguén se mareou ggg

 

 

Verbum

Distribuir contido