Esta semana almorzamos Queen

A historia deste grupo británico comezou en 1968 cando Brian May e Tim Staffell fundaran Smile. A este proxecto uniuse Roger Taylor como batería. En 1970 Tim Staffell abandona o grupo. Nese mesmo ano incorpórase Freddie Mercury e cambian o nome de Smile por Queen. A razón deste nome débese a que os integrantes da banda buscaban algo que fose identificativo doado de coñecer por calquera persoa do mundo. Un ano máis tarde, en 1971 únese John Deacon como baixista e quedaría pechada a formación do grupo que nunca experimentou cambios ata a súa desaparición.

O seu primeiro grande éxito foi "Bohemian Rhapsody", escrita por Freddie e producida por Roy Thomas Baker en outubro de 1975. En 1976 publican A day at the races e en outubro de 1977 News of the world, que contén a simbólica canción "We are the champions", utilizada en multitude de eventos deportivos. En 1980 publican The Game, que contiña o tema "Another One Bites The Dust", o sinxelo máis vendido do grupo. En 1982 Queen aparece dentro do libro Guinness como a banda mellor pagada. Dous anos máis tarde publican The Works. Dentro deste álbum atópase o éxito "Radio Ga Ga". En 1985 no festival Rock In Rio congregando a uns 250.000 espectadores. En xuño do mesmo ano o grupo realiza a banda sonora de Highlander, no disco titulado A Kind Of Magic e en decembro realizan o seu segundo álbum en directo Live Magic. Freddie Mercury xunto a Montserrat Caballé gravan un disco xuntos. Incluía a canción "Barcelona" que foi tomada como tema dos Xogos Olímpicos de 1992. En 1991 Freddie anuncia publicamente que padece SIDA e morre o día seguinte.Roger, John e Brian editan 'Made in Heaven' en 1995 con temas nos que traballou Freddie antes de morrer. A partir deste punto, a banda deixou de tocar e soamente publicou numerosos recompilatorios.