Colaborando para detectar o maltrato infantil

Os libros protectores das crianzas para ler en familia

 

Para as crianzas máis pequenas:

 

Podesdes descargalos aquí e aquí.

Guía para a detección do maltrato infantil

Son moitos os casos de maltrato infantil que quedan no anonimato. É imprescindible que a situación detectada chegue a ser coñecida por aqueles que teñen o deber de velar polo benestar dos nenos e nenas: os seus pais, se o maltrato se produce por parte de terceiras persoas alleas á familia, e os servizos de protección á infancia se o maltrato se dá no propio seo familiar.

Debemos comprender a urxencia e necesidade dun esforzo común en detectar e notificar toda situación de malos tratos á infancia, como único xeito de evitar que esta se cronifique e que as secuelas do maltrato pasen a ser permanentes.

 

Onde se fai a notificación?

- SERVIZOS SOCIAIS DO CONCELLO: 986 36 21 25 / servizossociais@concellodeoia.es

É a vía ordinaria. Os profesionais dos servizos sociais municipais están capacitados para valorar inicialmente o caso e decidir se poden intervir directamente ou deben derivalo a outros organismos. 

- CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL: 986 81 70 63 / 986 81 70 86 / 986 81 73 93 / maltrato.infantil.co@xunta.es

Cando hai certeza ou unha sospeita razoable de que a saúde ou seguridade dun neno ou dunha nena están en perigo, pódese acudir directamente aos servizos especializados de protección da infancia, que adoptarán as medidas oportunas. 

 

Pincha nas imaxes.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Día Universal dos Dereitos das Crianzas

O 20 de novembro é un día importante para a infancia por varias razóns. Celébrase o Día Internacional das Crianzas, desde 1954, pero ademais é o Aniversario da Declaración Universal de Dereitos das Crianzas, que se produciu en 1959. E ese día en 1989 aprobouse a Convención dos Dereitos das Crianzas, o máis universal dos tratados internacionais. A Convención dos Dereitos das Crianzas establece unha serie de dereitos, incluídos os relativos á vida, a saúde, a educación, e o dereito para xogar, á vida familiar, a estar protexidos da violencia, a non ser discriminados e a que se escoiten as súas opinións.

EN SUS ZAPATOS, unha serie de vídeos para abrir a mente, cuestionar crenzas e entender mellor o mundo dos nenos e as nenas. 

 

 

Carta dunha nena ao inimigo da súa familia

Baseado nunha história real, o vídeo "Carta para Jack" remonta á carta escrita por Laura, unha meniña de 8 anos que, ao darse conta dos cambios de comportamento do seu pai, resolveu escribir para o "amigo" responsable deses cambios.

Distribuir contido