Día de ...

Visita da profe Paula

Hoxe tivemos unha grande sorpresa, veu de visita a profe Paula. Pasou a mañá con nós e foi paciente do hospital que temos montado no fondo da aula. 

Semana da Paz 2013

Pincha na imaxe

Día da Paz 2006

Vánsenos para o instituto... Ata sempre pequen@s.

 Pincha na imaxe.

Semana da Paz 2014

Nestes videos podedes ver o momento da posta en común de todos os traballos feitos nas aulas ao longo desta semana adicada a Nelson Mandela:

 

Día da Paz 2010

Este ano polo dia da paz fixemos un mural entre todos na parede do patio cuberto. Empezaron Saúl e Nerea xa o día anterior facendo as siluetas dos debuxos en borrador e a mañá do 29 foron baixando todas as aulas para rematar de perfilar e colorear os debuxos e as letras.


Os primeiros foron os "maiores" , as nenas e os nenos da aula de 3ºCiclo comezaron a tarefa perfilando os debuxos que quedaran feitos do dia anterior e empezaron a colorear primeiro sos e despois cos de 2ºCiclo.

Despois baixou a aula de 1ºCiclo que estaban desexanto coller os pinceis tamén e puxéronse mans á obra de inmediato.

Cando chegaron os pequerrechos comezou a festa na zona azul e todos empezamos a cantar e a bailar coa profe Olga. Eran todas cancións relacionadas coa Paz.

Os únicos que faltaban por pintar no mural eran os nenos e nenas de infantil así que mentres os demais bailabamos e cantabamos eles e elas foron deixando a pegada da súa man na parede con pintura de dedos.

Cando xa estaba todo terminado de pintar sentámonos diante da árbore (ata no día da paz se nota que somos un cole "Voz Natura") das pombas da paz e fomos dicindo por turno unha palabras para que a escribiran Magdalena, Inés e Ana.

Ao final subimos á biblioteca ver unha curtametraxe de debuxos animados na pizarra dixital. Desde logo é case o mesmiño que estar no cine, unha boa película en boa compaña.

Distribuir contido